Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas IV
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Desenvolver as habilidades prácticas necesarias para poder desempeñar actividades profesionais como terapeuta ocupacional: segundo o estadio de aprendizaxe e de acordo ás competencias seleccionadas. En definitiva, ampliar os coñecementos e a capacidade para aplicar: a teoría e a práctica da terapia ocupacional, e as ocupacións terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. A5
A9
A15
A21
A22
A24
B6
C1
C4
C6
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. Á súa vez, desenvolver a capacidade para unha comunicación efectiva coas persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional, familiares, grupos sociais e outras/os profesionais; a capacidade para establecer unha relación de empatía coas persoas usuarias, familiares, grupos sociais e outras/os profesionais; e a capacidade para permitir que as persoas usuarias e as persoas encargadas do seu coidado expresen as súas preocupacións e intereses. A17
A18
B5
B7
C1
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil das persoas usuarias dos servizos de terapia ocupacional. A6
A12
A13
B1
C1
C4
Observar, identificar, preparar, analizar e reflexionar sobre técnicas e estratexias empregadas na práctica da terapia ocupacional. A9
B5
B18
B29
C6
Desenvolver razoamentos e habilidades de orde superior no xuízo profesional e na toma de decisións. A10
A14
B9
C4
C6
Desenvolver habilidades de exploración dos recursos de investigación en apoio á investigación e á practica baseada na evidencia. A13
A28
B22
B24
C1
C4
Dar a posibilidade ao alumnado de ser un(ha) profesional autónoma/o que valora a súa contribución ao equipo e ao servizo. A16
A19
A31
B4
C1
C4
C6
Inculcar unhas habilidades para a "aprendizaxe ao longo da vida" e un desenvolvemento profesional continuo; e un recoñecemento da importancia destes. A20
B6
C1
C4
C7
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes