Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas IV
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia/653G01207
Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional/653G01208
Estancias Prácticas II/653G01210
Estancias Prácticas III/653G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física/653G01302
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física/653G01303

Materias que continúan o temario
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental/653G01306
Estancias Prácticas V/653G01307

Observacións

1.- Debido á situación actual derivada da pandemia por COVID-19, será preciso respectar o plan de seguridade ou continxencia establecido por cada centro de prácticas. Non obstante, o alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, o 50% das Prácticas clínicas. Ademais, para aprobar a materia, o estudantado terá que participar activamente en todas as actividades desenvolvidas e superar todas as metodoloxías docentes propostas, tal e como se especifica no apartado de Avaliación desta guía docente.

2.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

3.- O docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao alumnado matriculado coa suficiente antelación.

4.- Para a correcta planificación das Estancias Prácticas, realizaranse, segundo o calendario oficial da Facultade, varias reunións de coordinación académica:

  • Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e distribución de quendas e rotatorios. Reunión do coordinador da materia co alumnado matriculado para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.
  • Coordinación das estancias prácticas: Encontro entre o coordinador da materia e as/os docentes e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao seu comezo e de forma posterior.

5.- Normas mínimas: O estudantado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ás persoas usuarias, profesionais e instalacións dos recursos de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas.

6.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes