Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Occupational Therapy for Personal Autonomy in Adults with Mental Health Disorders
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A7 A8 A9 A10 A11 A14 A15 B3 B4 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

O alumno/a realizará casos clínicos, que serán analizados desde os distintos modelos de práctica de terapia ocupacional específicos en saúde mental.

A avaliación desta metodoloxía contemplará tamén o traballo realizado polo estudante nas actividades de aprendizaxe e servizo.
30
Laboratory practice A6 A13 A16 A17 A18 A19 A23 B5 B24 C4 Obligatoria. Se valorará: puntualidade, la asistencia, responsabilidade, iniciativa, interés, actitude ante as normas, relación coa equipa de compañieros, a integración e aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos. 30
Mixed objective/subjective test A20 A24 B2 C7 Valorarase ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), e a integración de conceptos. 35
Guest lecture / keynote speech A20 A24 A29 B2 B9 B36 C7 A asistencia será obligatoria e valorarase a capacidade do alumno/la para integrar de forma activa os conceptos teóricos impartidos na clase e ó mesmo tempo que demostra, de forma progresiva a integración das competencias da materia. 5
 
Assessment comments

O sistema de cualificación expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se estableceo sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulaciónsuniversitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacionalSistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). Nesta liña, considerarase como "non presentado" (NP) aquel estudiante que, estando matriculado na materia, non concurrira ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. 

  • Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar os traballos e ter superadas canda unha das metodoloxías que conforman a materia. Ademáis, será necesario ter unha calificación mínima de 1.75 puntos (sobre 3.5) na proba mixta, e solo se terán en consideración para a calificación final as notas das outras metodoloxías, se o alumno/a consegue dita puntuación na proba mixta. No caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na segunda oportunidade (Xullo), no caso de ter aprobada e superada a proba mixta.
  • Se valorará a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías establecidas na materia.
  • No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da
    convocatoria (febreiro) pola ausencia non xustificada nas Prácticas de laboratorio,
    non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o
    estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de
    actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda
    oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e
    reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
    Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
    2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de
    2017).
Segundo a norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña
recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar
dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa
académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en
tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese
efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o
alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita
flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica
do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de
avaliación das materias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes