Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 A8 A9 A10 A11 A14 A15 B3 B4 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

O alumno/a realizará casos clínicos, que serán analizados desde os distintos modelos de práctica de terapia ocupacional específicos en saúde mental.

A avaliación desta metodoloxía contemplará tamén o traballo realizado polo estudante nas actividades de aprendizaxe e servizo.
30
Prácticas de laboratorio A6 A13 A16 A17 A18 A19 A23 B5 B24 C4 Obligatoria. Se valorará: puntualidade, la asistencia, responsabilidade, iniciativa, interés, actitude ante as normas, relación coa equipa de compañieros, a integración e aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos. 30
Proba mixta A20 A24 B2 C7 Valorarase ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), e a integración de conceptos. 35
Sesión maxistral A20 A24 A29 B2 B9 B36 C7 A asistencia será obligatoria e valorarase a capacidade do alumno/la para integrar de forma activa os conceptos teóricos impartidos na clase e ó mesmo tempo que demostra, de forma progresiva a integración das competencias da materia. 5
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificación expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se estableceo sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulaciónsuniversitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacionalSistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). Nesta liña, considerarase como "non presentado" (NP) aquel estudiante que, estando matriculado na materia, non concurrira ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. 

  • Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar os traballos e ter superadas canda unha das metodoloxías que conforman a materia. Ademáis, será necesario ter unha calificación mínima de 1.75 puntos (sobre 3.5) na proba mixta, e solo se terán en consideración para a calificación final as notas das outras metodoloxías, se o alumno/a consegue dita puntuación na proba mixta. No caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na segunda oportunidade (Xullo), no caso de ter aprobada e superada a proba mixta.
  • Se valorará a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías establecidas na materia.
  • No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da
    convocatoria (febreiro) pola ausencia non xustificada nas Prácticas de laboratorio,
    non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o
    estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de
    actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda
    oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e
    reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
    Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
    2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de
    2017).
Segundo a norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña
recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar
dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa
académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en
tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese
efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o
alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita
flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica
do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de
avaliación das materias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes