1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se
solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a
dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de
borradores. 2.- A docente responsable
resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros
aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 3.- Durante o período lectivo
da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras
actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de
carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas
que complementan o desenvolvemento da materia. 4.- A docente responsable da
materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera
tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no
desenvolvemento dos seus traballos. |