Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Estancias Prácticas V |
Recomendacións |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas V | Código | 653G01307 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
1. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 3.- Para a correcta planificación das Estancias Prácticas, realízanse, de forma previa ó comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica: - Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos/as alumnos/as matriculados/as para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes. - Coordinación de la docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os/as profesores e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ó inicio das mesmas e de forma posterior. - Actividades de peche. 4.- Normas mínimas: Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respeto ós usuarios, profesionais e instalacións do recurso de prácticas. Ademais, deberanse respetar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas. 5.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. |
|