Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Xeriatría
   Contidos
Temas Subtemas
Bloque Temático I.- Valoración Xeriátrica Integral DOCENCIA EXPOSITIVA:
1.Xerontoloxía e Xeriatría. Bases conceptuais e obxectivos. Principais cambios en relación co avellentamento. Historia clínica e entrevista xeriátrica. Características do enfermar do paciente maior. Concepto de síndrome xeriátrico. Bibliografía.
2. Epidemioloxía e prevención en xeriatría. Patoloxías máis frecuentes no paciente maior. Factores de risco e prevención. Prevención da discapacidade mediante o emprego de normas e protocolos específicos para cada enfermidade. Bibliografía
3. Valoración Xeriátrica Integral. Concepto e obxectivos. Equipo de intervención interdisciplinar. Exploración física e Valoración clínica. Os instrumentos de valoración e as súas características. Valoración Funcional. Valoración do estado mental: cognitiva e afectiva. Valoración Social e da Calidade de Vida. Bibliografía
DOCENCIA INTERACTIVA:
Instrumentos de Valoración Funcional: Actividades Básicas da Vida Diaria-ABVD (Índices de Katz e Barthel), Bedford Alzheimer Nursing Severity Scale-BANS. Actividades Instrumentais da Vida Diaria-AIVD (Índice de Lawton e Brody). ABVD e AIVD (Escala Disability Assessment for Dementia-DAD)
Instrumentos para a avaliación da marcha e do equilibrio (Short Physical Performance Battery-SPPB, Velocidade da Marcha, Test Timed Get Up and Go-TUG, Test de Tinetti)
Bloque Temático II. Síndromes Xeriátricos
DOCENCIA EXPOSITIVA:
4. Fraxilidade. Introdución e concepto. Fenotipo de Fraxilidade. Fraxilidade Cognitiva e Fraxilidade Social. Principais instrumentos de valoración. Intervención. Bibliografía.
5. Malnutrición. Epidemioloxía e concepto. Causas e consecuencias. Requirimentos nutricionais. Valoración do estado nutricional. Bibliografía
6. Inmobilidade, Inestabilidade e Caídas. Bases conceptuais. Causas, valoración e intervención. Instrumentos de avaliación. Escalas para a valoración da marcha e do equilibrio. Intervención. Bibliografía.
7. Incontinencia e retención urinaria. Estrinximento e incontinencia fecal. Síndrome Confusional Agudo. Trastornos do Sono. Deprivación sensorial. Farmacoloxía e iatroxenia. Bibliografía.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Instrumentos para a avaliación da fraxilidade (Fenotipo de Fried, Escala Kihon, Escala Frail, Clinical Frailty Scale ou Escala de Rockwood modificada, Indicador de Fraxilidade de Tilburg, Indicador de Fraxilidade de Groningen, Índice Fráxil-VGI, Frailty Instrument of the Survey of Health, Ageing and Retirement in Europe (SHARE-FI)).
Instrumentos para a avaliación da malnutrición (Mini Nutritional Assessment-MNA, MNA-SF, DETERMINE)
Instrumentos para a avaliación de recursos e apoios sociais (Cuestionario OARS, Escala de Valoración Sociofamiliar de Xixón))
Instrumentos para a avaliación da calidade de vida (WHOQOL-OLD, WHOQOL-BREF, Escala QoL-AD en persoas con Enfermidade de Alzheimer, QUALID en persoas con demencia severa).
Bloque Temático III.- Outras patoloxías de relevancia na persoa maior DOCENCIA EXPOSITIVA:
8. Deterioro Cognitivo, depresión e ansiedade. Perda de memoria asociada á idade. Deterioro cognitivo leve. Demencias. Tipos. Principais instrumentos de valoración. Intervención terapéutica. Depresión. Concepto. Epidemioloxía e etiopatoxenia. Clasificación, formas clínicas e diagnóstico diferencial. Instrumentos de avaliación. Intervención terapéutica. Ansiedade. Concepto e valoración. Intervención terapéutica. Bibliografía.
9. Enfermidade cerebro-vascular e Enfermidade de Parkinson. Ictus. Epidemioloxía. Factores de risco. Fisiopatoloxía. TIA. Tipos e perfís clínicos. Diagnóstico clínico. Escala de Coma de Glasgow. Intervención terapéutica. Síndromes extrapiramidais. Enfermidade de Parkinson. Epidemioloxía. Sintomatoloxía. Fases evolutivas. Intervención terapéutica. Bibliografía.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Instrumentos para a avaliación da cognición (MMSE. Severe-MMSE, GDS)
Instrumentos para a avaliación da depresión e a ansiedade (Escala de Depresión Xeriátrica de Yesavage. Escala de Cornell para a Depresión na Demencia, Escala de Hamilton para a Depresión. Inventario de Depresión de Beck. Escala de Ansiedade-Depresión de Goldberg).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes