A cualificación final da materia farase de acordo aos seguintes criterios:
1) Avaliación final, realizada de acordo ao calendario oficial de exames, mediante exame que contribuirá ao 65% da cualificación final. Dita avaliación consistirá nun exame tipo test, que constará de corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 65% do total unha vez restados os puntos das falladas. Ex.; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-4*0,33=28,68>26 (Superado). Sendo a táboa de equivalencias unha vez obtida a puntuación final a seguinte:
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13
0,2 0,4 0,6 0,8 1 1,2 1,3 1,5 1,7 1,9 2,1 2,3 2,5
14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26
2,7 2,9 3,1 3,3 3,5 3,7 3,8 4,0 4,2 4,4 4,6 4,8 5,0
27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 5,4 5,7 6,1 6,4 6,8 7,1 7,5 7,9 8,2 8,6 8,9 9,3 9,6
40
10. No tramo de 1 a 26 respostas correctas, cada resposta correcta computa
0,19 puntos e no tramo de 27 a 40 respostas correctas, cada unha computa 0,36
puntos. 2) O resto das actividades computarán o 35% da cualificación final do seguinte xeito: 2.1.) Asistencia a Docencia Expositiva e Docencia Interactiva (ata o 7%). Neste caso, o/a alumno/a deberá asistir polo menos ao 75% da docencia presencial. 2.2.) Visita a un Centro Sociosanitario (ata un 3%). O/a alumno/a deberá entregar unha memoria sobre a actividade realizada. 2.3.) Estudo de casos e Traballo Tutelado (ata o 25%). Inclúe revisión bibliográfica sobre o tema obxecto de estudo, así como desenvolvemento dun caso clínico de acordo ás competencias adquiridas na docencia interactiva. O alumno poderá obter positivos por participación en actividades organizadas ou recomendadas polos profesores da materia (sesións científicas, congresos, proxectos de investigación...). A puntuación outorgada será a criterio do profesor responsable. Para superar a materia haberá que superar cada unha das partes sometidas a avaliación. de tal xeito que aínda que a un alumno a suma das actividades realizadas máis a cualificación do exame superen o 5, a súa puntuación, caso de non superar algunha das partes será a referida á parte con máis cualificación das suspendidas. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4,9=Suspenso 5-6,9=Aprobado 7-8,9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable. IMPORTANTE TRABALLOS TUTELADOS: - Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. - Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. - No caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Grao cursado.