Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a autonomía persoal en persoas maiores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A18 A20 A23 A24 A26 A29 B3 B4 B8 B9 B24 C4 Nesta metodoloxía valorarase tanto o proceso de traballo coma o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Por tanto, terase en conta a evolución do alumnado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda) así coma a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso de traballo. En canto o contido valorarase que o caso sexa coherente co proceso de Terapia Ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da/s persoa/o / poboación, as súas ocupacións e contornas, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos de práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persoa Entorno Ocupación, Modelo da adaptación a través da Ocupación, Modelo Australiano de Terapia Ocupacional, Modelo do Déficit Cognitivo, Modelo de habilidades adaptativas ou o Modelo da saúde a través das actividade, entre outros. Finalmente na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así coma a capacidade de expresión escrita (erros gramáticos e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal dacordo ó foro).

A avaliación desta metodoloxía contemplará tamén o traballo realizado polo estudante nas actividades de Aprendizaxe - Servizo
30
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A20 A26 A29 B3 B9 B23 B24 C7 Valorarase 1) actitude e a participación: Actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación: (interacción empática, proactiva, analítica e constructiva); Respecto (ós participantes do grupo, docentes e normas de funcionamiento do laboratorio); Responsabilidade (consigo mismo/a e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensinanzaa-aprendizaxe).
Asemesmo, valorarase 2) a memoria do laboratorio: cumprir as instrucións, a presentación (coidado, ortografía, linguaxe) e reflexión (elaboración, integración e critica de todos os contidos do laboratorio).
30
Proba mixta A6 A7 A8 A13 A14 A20 A24 B12 B24 C4 C7 Se valorará, además de los conocimientos adquiridos, la capacidad de expresión escrita del alumno (evaluando de forma negativa los errores gramaticales y ortográficos), y la integración de conceptos. 35
Sesión maxistral A7 A9 A13 A14 A15 A20 A24 A29 B3 B4 B12 B23 B36 C4 C7 A asistencia será obligatoria e valorarase a capacidade do alumno/a para integrar de forma activa os conceptos teóricos impartidos na clase ó mesmo tempo que demostra, de forma progresiva a integración das competencias da materia. 5
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art.º 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que o estudante ten por materia.

Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puider establecer. 

Se valorará a puntualidade e a asistencia obligatoria a todas las horas presenciales das metodoloxías establecidas na materia.

Para aprobar a materia, o alumno debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada una das metodoloxías que conforman a asignatura. Ademais, será necesario ter unha calificación mínima de 1.75 (sobre 3.5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a calificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtindas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa calificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba mixta. 

Segundo a norma que regula o réxime de dedicacón ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación do estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa.  

Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes