Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Estancias Prácticas VI |
Resultados de aprendizaxe |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas VI | Código | 653G01311 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Desenvolver as habilidades prácticas necesarias para poder desempeñar actividades profesionais como terapeuta ocupacional: segundo o estadio de aprendizaxe e acordo ás competencias seleccionadas. En definitiva ampliar os coñecementos e a capacidade para aplicar: a teoría e a práctica de Terapia Ocupacional, as ocupacións terapeuticamente e as Actividades da Vida Diaria terapeuticamente en todas as áreas de desempeño ocupacional. | A5 A9 A15 A21 A22 A24 |
B6 |
C1 C4 C6 |
Observar, analizar e reflexionar sobre o centro de prácticas e as funcións do terapeuta ocupacional integrados ao sistema sanitario, educativo, domiciliario, laboral ou comunitario de referencia. Asimismo o/a alumno/a debe desenvonver a capacidade para manter a dignidade, privacidade e confidencialidade da persoa. | A17 A18 |
B5 B7 |
C1 |
Observar, analizar e reflexionar sobre a relación terapéutica en terapia ocupacional. E, á súa vez, desenvolver a capacidade para unha comunicación efectiva co/a usuario/a, familias, grupos sociais e outros profesionais; capacidade para establecer unha relación de empatía co/a usuario/a, familia, grupos sociais e outros profesionais; e desenvolver a capacidade para permitir que os pacientes e os seus coidadores expresen as súas preocupacións e intereses e que poidan responder adecuadamente. | A6 A12 A13 |
B1 |
C1 C4 |
Observar, identificar, analizar e reflexionar sobre o perfil do usuario dos servizos de terapia ocupacional e sobre algunhas técnicas empregadas | A9 |
B5 B18 B29 |
C6 |
Desenvolver razoamentos e habilidades de orde superior no xuízo profesional e na toma de decisións. | A10 A14 |
B9 |
C4 C6 |
Desenvolver habilidades de exploración dos recursos de investigación en apoio á investigación e á practica baseada na evidencia. | A1 A3 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A15 A16 A17 A20 A23 A29 A31 |
B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B17 B18 B19 B23 B24 B25 B26 B27 B28 B29 |
C1 C4 C6 C7 |
Dar o control ó estudante de ser un profesional autónomo que valora a súa contribución ó equipo e ó servizo. | A16 A19 A31 |
B4 |
C1 C4 C6 |
Inculcar unhas habilidades para “a aprendizaxe ao longo da vida” e dun desenvolvemento profesional continuo; e un recoñecemento da importancia destes. | A20 |
B6 |
C1 C4 C7 |
Desenvolver capacidade para: sintetizar un abanico de información que permita determinar se a persoa é susceptible de recibir tratamento de Terapia Ocupacional. Recoñecer e interpretar signos de función-disfunción da persoa en valoración e diagnóstico ocupacional. Asemesmo a capacidade para responder ás necesidades do paciente avaliando, planificando e desenvolvendo os programas individualizados máis apropiados xunto á persoa e o seu entorno, seus coidadores e familias e outros profesionais. En definitiva, utilizar o razonamento clínico revisando e reaxustando o tratamento. | A7 A8 |
B23 |
C7 |
|