O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación
numérica de acordo co establecido no art. 5 del Real Decreto 1125/2003 de 5
de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de
carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de
cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
Para aprobar a materia, o/a alumno/a debe participar activamente
nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e acadar unha nota
global mínima de 5 e ter superadas polo menos a metodoloxía de Prácticas
Clínicas e Estudo de Casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación
mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía prácticas clínicas e unha
cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na metodoloxía estudo de casos, e
só se terán en conta para a cualificación final as notas das outras
metodoloxías, se o/a alumno/a acada a dita puntuación nas mencionadas metodoloxías.
En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á da metodoloxía
suspensa correspondente (nota obtida nas Prácticas clínicas ou Estudo de
Caso). No caso de non superación da materia na primeira convocatoria, o/a
estudante, deberá repetir a entrega de traballos e participar de novo nas
metodoloxías propostas durante a segunda oportunidade (xullo).
Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo
dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de
Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de
matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a
clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial
establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte
negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto, as
Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da
citada dispensa.
Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará
á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia
Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das
materias.
|