Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas VII
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 A13 A14 A15 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A28 A29 A31 B3 B4 B6 B7 B8 B22 B24 B31 C1 C4 C6 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas.

20
Portafolios do alumno A3 A5 A7 A8 A10 A13 A14 A20 A22 A24 A28 B1 B3 B8 B22 B24 C1 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do/a alumno/a (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos, o razonamento ocupacional e a capacidade crítica e reflexiva.

15
Recensión bilbiográfica A3 A5 A7 A13 A14 A22 A28 A29 B1 B3 B4 B8 B22 B24 C1 C6 Valorarase: a puntualidade, a asistencia, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co/a usuario/a, a relación co equipo de profesionais, a integración e a aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos. 5
Prácticas clínicas A3 A6 A7 A8 A9 A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A28 A29 A31 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B22 B24 B29 B31 B37 C1 C4 C6 C7 Prácticas clínicas e comunitarias
Valorarase: a puntualidade, a asistencia, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación cos/coas usuarios/as, a relación co equipo de profesionais, a integración e a aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñececementos adquiridos.

As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas/comunitarias deberán ser comunicadas previamente ó centro conveniado, así como á coordinadora da materia e á coordinadora do título mediante email.
60
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 del Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

Para aprobar a materia, o/a alumno/a debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e acadar unha nota global mínima de 5 e ter superadas ó menos a metodoloxía de Prácticas Clínicas e Estudio de Casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 (sobre 6) puntos na metodoloxía prácticas clínica/comunitaria e unha cualificación mínima de 1 (sobre 2) sobre a metodoloxía estudo de casos, e só se terán en conta para a cualificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/a acada dita puntuación na mencionada metodoloxía. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida nas Prácticas clínicas. No caso de non superación da materia na primeira convocatoria, o/a estudante, deberá repetir a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas durante a segunda oportunidade (xullo).

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá preferencia na escolla do recurso e quenda de practicas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes