Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Salud
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Inclusión sociolaboral e Terapia Ocupacional para a autonomía persoal na comunidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A12 A17 A18 A19 A34 B3 B4 B5 B6 B13 B14 B26 B31 B37 C1 Docencia, un eido posible para terapeutas ocupacionais.
Traballo grupal en clase vinculado aos temas 2 e 3 da materia, con continuada supervisión docente.

Evaluarase a aportación individual no traballo grupal así como a totalidade da aportación grupal.
Avaliación por pares 20%. Rúbrica traballo en equipo, con criterios previamente consensuados conxuntamente coa docente.
Avaliación do manexo da aula, teoría e práctica: 20%. Avalían estudantado e docente.
Tutorías obrigatorias: pre e post exercicio.
40
Traballos tutelados A3 A4 A12 A17 A18 A19 A34 B3 B4 B5 B6 B13 B14 B26 B31 B33 B36 B37 C1 C4 C7 Traballo en grupos reducidos.
ODS. Elección dunha comunidade: análise, argumentación e propuestas sobre as súas necesidades ocupacionales en relación aos ODS.
Se evaluarán: o manuscrito e a defensa individual dos contenidos do traballo relacionándoos coa materia.
Importante:
- cada sesión semanal contribuirá ao desenvolvemento do traballo tutelado.
- cada grupo deberá realizar un total de 3 tutorías de 45 minutos: en marzo, abril e mayo. As datas serán acordadas na primeira sesión, ao consensuar o calendario completo.
40
Presentación oral A3 A4 A5 A34 B3 B5 B6 B13 B14 B26 C1 C7 Individual.
Avaliarase:
- a comunicación verbal e non verbal; a coherencia dos contidos expostos; a adecuación do formato e a xestión do tempo.
- a defensa oral dos contidos do traballo relacionándoos coos contidos traballados na materia.
20
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia.

Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba global, no marco que o centro puidese establecer.

Se valorará a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías establecidas na materia.

Para aprobar a materia, a/o estudante debe participar activamente nas metodoloxías propostas e entregar todas as tarefas. 

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. 

Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes