Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa práctica comunitaria da Terapia Ocupacional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos transversais da materia serán os mesmos. En caso de necesidade, se reaxustarán os proxectos. Mantendo aqueles que son viables cunha posible situación de excepcionalidade relacionada coa pandemia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
En caso de confinamento total: manterase o proxecto 2
- Saída de campo
- Portafolios
En caso de restrición parcial da mobilidade: manteranse os proxectos 2, 3 e parte do 1
- Saída de campo, no propio domicilio ou contorno inmediato
- Portafolios
- Aprendizaxe-servizo
- Aprendizaxe colaborativa
*Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de confinamento total: manterase o proxecto 2. Modificando as seguintes metodoloxías:
- Aprendizaxe-servizo
- Aprendizaxe colaborativa
En caso de restrición parcial da mobilidade: manteranse todas as metodoloxías, aínda que terán outro peso na avaliación (consultar apartado 4)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os/as docentes da materia manterán a atención personalizada a través de Teams (titorías individuais e/ou grupais) e correo electrónico.
Toda a comunicación tamén será realizada a través de Moodle, así como a súa correspondente documentación e indicación de actividades ou tarefas.
4. Modificacións na avaliación
En caso de confinamento total: manterase o proxecto 2 coa totalidade da avaliación (100%).
- Saída de campo, no propio domicilio ou contorna inmediata: 40%
- Portafolios: 60%
En caso de restrición parcial da mobilidade: manteranse os proxectos 2 (40%) e 3 (40%) e parte do 1 (20%).
- Saída de campo, no propio domicilio ou contorno inmediato: 40%
- Portafolios: 20%
- Aprendizaxe-servizo: 20%
- Aprendizaxe colaborativa: 20%
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías