Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas VIII
   Contidos
Temas Subtemas
TEMA TRANSVERSAL
Principios fundamentais para o traballo no eido comunitario. Perspectivas críticas das ocupacións cotiás, reflexión-acción sobre as ocupacións individuais e colectivas; xustiza e dereitos ocupacionais.

Prácticas avanzadas con orientación. Nivel avanzado.
SUBTEMAS TRANSVERSAIS AOS 5 PROXECTOS
1.- A reflexividade crítica como ferramenta clave para a práctica da terapia ocupacional no eido comunitario
2.- A imposibilidade da neutralidade no facer cotiá: clase, xénero, raza, etnia, e outros condicionantes políticos, económicos, sociais, culturais e institucionais, entre outros.
3.- Alianzas intersectoriais coa comunidade para a transformación social a través da ocupación.

PROXECTO 1
Conectando IES/Ciclos Formativos e Universidades. Contribución da Terapia Ocupacional na análise e problematización dunha realidade social concreta.
- A importancia das eleccións ocupacionais no ciclo vital e a súa influencia nas historias de vida
- Recoñecer e analizar as necesidades ocupacionais dos e das cidadans/ grupos /poboacións
- Desenvolver redes de colaboración, estratexias de comunicación , accións para a reducción das desigualdades sociais e a promoción da equidade

PROXECTO 2
Proxecto internacional Narrativas Ocupacionais (World Federation of Occupational Therapists).
- Visibilización e análise da diversidade das ocupacións cotiás na comunidade dende unha perspectiva crítica
- Alianzas locais e internacionais para a visibilización, reflexión crítica e transformación das inxustizas ocupacionais a través da ocupación
- Metodoloxías audiovisuais e narrativas para o traballo coa comunidade.

PROXECTO 3
Proxecto parques e prazas: (re)pensando espacios comuns. Prácticas avanzadas de avaliación ambiental.
- Avaliación avanzada de parques e prazas atendendo aos necesidades ocupacionais dos grupos e comunidades
- Proposta de acción dende unha perspectiva crítica para a promoción da xustiza ocupacional e da saúde

PROXECTO 4
Proxecto docencia como nicho laboral: un camiño emerxente na terapia ocupacional en España.
- Prácticas nun centro educativo.
- Análise avanzada das ocupacións da comunidade educativa
- Propostas de acción dende a terapia ocupacional comunitaria

PROXECTO 5
Proxecto domicilio: (re)pensando o noso vivir diario. Prácticas de avaliación da dependencia na comunidade.
- Prácticas de avaliación da dependencia
- Propostas de acción dende a terapia ocupacional no eido comunitario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes