Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas VIII
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A3 A4 A8 A13 A26 A30 B4 B6 B8 B16 B22 B24 B36 C1 Elaboración do portafolios reflexivo sobre todas as etapas do proxecto, aportando: contextualización, aprendizaxes realizados, dilemas e novas propostas de desenvolvimento. Polo tanto:
- Valorarase a integración do razoamento comunitario da disciplina.
- Valorarase a capacidade crítica (e autocrítica) e reflexiva sobre o proceso desenvolvido durante toda a elaboración e posta en acción de todos os proxectos comunitarios (5% cada), así como sobre o seu propio papel como protagonista de cambio.
- Terase en consideración, a vinculación do portafolios coa literatura actualizada.

25
Aprendizaxe colaborativa A5 A15 A20 A23 A25 A29 A33 B2 B3 B5 B23 B25 B29 B31 C6 C7 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Dar continuidade a un proxecto comunitario (tema único desta materia):
- Cada curso, volvese a decidir cómo o estudantado pode contribuir para transformar a realidade da poboación adolescente en materia de toma de decisións de cara a importantes eleccións ocupacionais: gustanme moitas cousas, qué camiño escoller agora? (ESO) qué facer ao terminar os meus estudos? (Bachiller)
- En paralelo, trabállase tamén na promoción da titulación do Grao en Terapia Ocupacional como sensibilización da poboación debido ao seu descoñecemento (Actividade que os/as orientadores agradecen e valoran positivamente).
15
Saídas de campo A1 A9 A12 A17 A19 A21 A22 B7 B9 B11 B13 B14 B15 B17 B19 B26 B27 B28 B30 B35 B37 C4 Engloba: desenvolvemento da terapia ocupacional crítica e comunitaria; Proxecto de Aprendizaxe e Servizo e Prácticas comunitarias.

Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), accións na comunidade, etc.

- A importancia das eleccións ocupacionais na vida das poblacións, especialmente en momentos de transición ocupacional como durante a adolescencia.

- Motivar ao estudantado hacia unha posición proactiva, incrementando a toma de conciencia da súa responsabilidade social e ciudadana.

- Os/as estudantes establecerán alianzas de colaboración con diversos actores sociais implicados na temática do proxecto, desenvolvendo accións puntuais de coeducaciónun y sensibilización na comunidade de pertenza/orixe.

- Vivenciar o traballo en equipo e a lóxica do razoamento ocupacional orientado a poboacións e fóra do eido clínico.



50
Aprendizaxe servizo A4 A12 A17 A29 B3 B5 B15 B17 B25 B26 B27 C4 C7 Engloba: desenvolvemento da terapia ocupacional crítica e comunitaria; Proxecto de Aprendizaxe e Servizo e Prácticas comunitarias.

Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.

- A importancia das eleccións ocupacionais na vida das poblacións, especialmente en momentos de transición ocupacional como durante a adolescencia.

- Motivar ao estudantado hacia unha posición proactiva, incrementando a toma de conciencia da súa responsabilidade social e ciudadana.

- Os/as estudantes establecerán alianzas de colaboración con diversos actores sociais implicados na temática do proxecto, desenvolvendo accións puntuais de coeducaciónun y sensibilización na comunidade de pertenza/orixe.

- Vivenviar o traballo en equipo e a lóxica do razoamento ocupacional orientado a poboacións e fóra do eido clínico.
10
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 del Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

Para aprobar a materia, o/a alumno/a debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos, participar en las prácticas e acadar unha nota global mínima de 5 e ter superadas todas as metodoloxías. No caso de non superación da materia na primeira convocatoria, o/a estudante, deberá repetir a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas durante a segunda oportunidade (xullo).

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. 

Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes