Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Educación para a saúde: psicoloxía da saúde e cuidados básicos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Educación para a saúde: psicoloxía da saúde e cuidados básicos Código 653G01408
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Psicoloxía
Coordinación
Garcia Sanchez, Maria Matilde
Correo electrónico
matilde.garcia@udc.es
Profesorado
Garcia Sanchez, Maria Matilde
Otero Otero, Patricia
Correo electrónico
matilde.garcia@udc.es
patricia.otero.otero@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta asignatura pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa psicoloxia da saúde e a educación para a saúde e coidados básicos. A impartición desta asignatura ten como fin que o alumno coñeza a psicoloxía da saúde e as bases teóricas e fundamentos dos coidados básicos e a educación para a saúde, que sirven como soporte da teoría e o arte de coidar, e adquirir os coñecementos necesarios para axudar ás persoas na satisfacción das súas necesidades fundamentais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: • Non se realizan cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: • Sesión maxistral • Seminario • Traballo Tutelado (computa na avaliación) • Proba mixta (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican: • Non se realizan cambios nas metodoloxías da materia. As metodoloxías programadas previamente de maneira presencial, pasarán a desenvolverse de maneira virtual. No caso da Simulación, esta pasará a desenvolverse a través dunha metodoloxía de resolución de casos prácticos (computa na avaliación). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: • Correo electrónico: De uso para facer consultas e resolver dúbidas. • Videoconferencia sesión maxistral (Teams): sesión semanal en grupo para a exposición dos contidos teóricos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. • Videoconferencia seminarios (Teams): sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos e para o seguimento e apoio na realización dos exercicios prácticos a realizar na unidade temática, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. • Moodle: Emplearase como repositorio do material documental e para a realización de tarefas e actividades para o seguimento da materia. 4. Modificacións na avaliación: • Non se realizan cambios na avaliación da materia. *Observacións de avaliación: • As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaranse de xeito non presencial, mediante a plataforma Moodle e con soporte en directo, mediante Teams. • As probas de avaliación correspondentes ás convocatorias oficiais, realizaranse de maneira presencial, e de non ser posible, faranse na modalidade virtual. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: • Disporán de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle. • Engádense enlaces web na plataforma Moodle, como bibliografía complementaria a algún contido impartido de maneira non presencial, ao que terá acceso todo o alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes