Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Educación para a saúde: psicoloxía da saúde e cuidados básicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A16 B21 B24 Valorarase a asistencia ás tutorias e a presentación de actividades relacionadas con esta metodoloxía. 50
Proba mixta B2 B3 B8 B9 B12 B13 B23 C1 Proba que integra preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento a través da resolución dun caso practico, onde deben integrarse os coñecementos e habilidades adquiridas en cada unha das metodologias.
50
 
Observacións avaliación

Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia.

Módulo A. Atención ante situacións de urxencias. Unidade 1,2 e 3:

PROBA ESCRITA que consta de dous partes: A primeira parte é unha proba con preguntas de resposta curta ou test (20% da nota).A segunda parte consiste na resolución dun caso práctico (30% da nota).

Módulo B. Habilidades de comunicación terapéuticas. Unidade 4,5 e 6:

TRABALLO TUTELADO consistente na elaboración dun guión de entrevista sobre unha situación ?difícil? cos elementos comunicativos  achegados e adestrados no taller xunto coa  gravación en vídeo dun rol playing do devandito guión pondo en xogo de maneira práctica as estratexias mencionadas. (50% dela nota)

PRIMEIRA OPORTUNIDADE: 

A avaliación anteriormente descrita é OBRIGATORIA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade.     

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que incluirá a/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final. 

MATRÍCULA PARCIAL: 

Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia. 

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade. 

MATRÍCULA DE HONRA: 

Poderán optar a matrícula de honra aqueles alumnos cunha media superior ao 9,5 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes