Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Historia Social do Traballo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia Social do Traballo Código 660G01039
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fernández Colín, Mª Luísa
Correo electrónico
m.luisa.fernandez1@col.udc.es
Profesorado
Fernández Colín, Mª Luísa
Correo electrónico
m.luisa.fernandez1@col.udc.es
Web
Descrición xeral Historia da evolución do mundo do traballo, con especial referencia á España contemporánea para poder entender mellor as dinámicas e políticas sociolaborais actuais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Presentación inicial Lecturas Obradoiro Presentación oral Prácticas a través de tics *Metodoloxías docentes que se modifican Proba mixta 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: De luns a venres.De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Para colgar as presentacións e as tarefas. – Teams: 1 sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e de seguido, 1 sesión para as práctica na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de horarios da Erlac. Tamén disporán a continuación de 1 hora de titoría para atender consultas por mail ou teams. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia 4. Modificacións na avaliación Probas mixtas (ata 40%) ao final de cada tema na hora de clase asignada. Constarán de preguntas tipo test a elixir unha correcta entre 3 e preguntas cortas.O alumnado que non teña todas as probas mixtas realizadas poderá facer unha proba final xeral na data indicada como exame final (40%) Traballos tutelados (30%) En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. Prácticas e traballos de clase ata 30%. Cunha data concreta de entrega e alguns deles a expor na hora de clase virtual *Observacións de avaliación: 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: para aprobar haberá que sacar un 5 entre os traballos de clase, o traballo de curso e as probas mixtas B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (30%). 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. (30%) 3- probas mixtas por temas ou proba mixta final na convocatoria de xaneiro ( ata 40%) 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xaneiro, 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes