Esta materia ten en conta as recomendacións de
SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos. NO CASO DE QUE A ENTREGA dos traballos, fose en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a impresión de borradores. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero
velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos
desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna
para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestará especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria |