Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Farmacoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Proba mixta
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
En xeral consiste na atención personalizada desenvolvida polo profesor , individual ou en pequeno grupo, que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

No caso dos traballos tutelados e na presentación oral , a atención personalizada ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos e a forma de facer e preparar a presentación oral .
No estudo de casos, o estudante poderá solitar a profesor a orientación de como encaminar a resolución do caso e a bibliografía mais axeitada para o mesmo.

A solucion de problemas pode requerir tambén atención personalizada en caso de dúbidas sobre a metodoloxía a emplear polo alumno para resolver a problema.

No caso da proba mixta ,ten como obxectivo atender as consultas do alumno relacionadas co estudo dos temas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes