Teaching GuideTerm
University College of Nursing (C)
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Nursery Nursing
   Methodologies
Methodologies Description
Mixed objective/subjective test Proba escrita con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta múltiple para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos.
Laboratory practice Actividade na que o estudante, a través da realización de actividades prácticas, adquire destreza nas técnicas e procedementos de enfermaría. A asistencia é obrigatoria.
Supervised projects Actividade na que os estudantes, de forma autónoma, profundizan ou relacionan coñecementos expostos polo profesor.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Document analysis Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Guest lecture / keynote speech Actividade na que o profesor expón, de xeito oral e con medios audiovisuais, os contidos teóricos da materia e a orientación bibliográfica dos mesmos, promovendo a discusión e participación activa do alumnado. Rematarase cada exposición cun resumo/conclusión dos puntos fundamentais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes