Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Enfermaría (C) |
Grao en Enfermaría |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría Xerontolóxica | Código | 661G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 | A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A parte escrita puntuará o 10% e será a mesma para todos os membros do grupo e o 5% restante puntuará según as habilidades demostradas na exposición oral por parte de cada estudante. Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral. Entregarase unha rúbrica al estudantado cos criterios de avaliación do traballo tutelado. Este traballo suporá o 15% da cualificación final. |
15 |
Proba mixta | A50 A51 A52 A49 B2 B8 B9 B13 B3 C4 C4 C10 | Proba escrita para avaliar a aprendizaxe das competencias que se compoñerá de preguntas tipo test (englobarán o 70% do exame) e preguntas curtas e de resolución de casos (o 30% restante) Os erros restrán 0,33. As preguntas en branco non puntúan. A puntuación final corresponderá ao número de respostas correctas, descontando as incorrectas. Sendo condición indispensable para superar a materia superar o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10. Esta proba suporá o 60% da cualificación final. |
60 |
Seminario | A52 B3 B1 B2 B8 B9 B13 | Resolveranse diversas situacións descritas en casos clínicos tanto de forma individual como en grupos de traballo. Esta parte suporá o 25% da nota final. O traballo individual do alumno computará un 10%, o traballo en grupo un 10% e a participación e asistencia aos seminarios suporá o 5% da nota. |
25 |
Observacións avaliación | |||
-Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade. É dicir, o 60% da avaliación de materia depende da proba obxectiva tipo test/resposta curta. Por outra banda, o 15% da cualificación dependerá do traballo tutelado grupal (10% do traballo escrito e 5% presentación). Finalmente, o 20% da cualificación da materia dependerá da avaliación e seguimento continuo dos seminarios e da asistencia á aula (5%). -SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para aquel alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase os mesmos porcentaxes de avaliación que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avaliadas que suspendese, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 10 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. Terá que repetir, en calquera caso, o exame final da materia. As partes superadas en primeira oportunidade conservaranse só para a segunda oportunidade. -A cualificación de NON PRESENTADO: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame. -O alumnado de TEMPO PARCIAL, DISPENSA ACADÉMICA, ERASMUS, SICUE e BILATERAL poderá optar pola avaliación da modalidade ordinaria ou avaliación na que corresponderá o 60% coa nota de proba exame e 40% co traballo tutelado (que neste caso será individual). -Optarán á cualificación de MATRÍCULA DE HONRA o estudante que obtendo unha cualificación global superior a 9, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases e seminarios sexa significativa. -Convocatorias da OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN: Para aqueles alumnos que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia. -Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, si é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. -A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar o seu cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. SUSTENTABILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizaranse en formato dixital sen necesidade de impresión. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. -Nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos realizados na materia e nas actividades clínicas realizadas cos estudantes - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalo e fomentar valores de respecto e igualdade. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
|