Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Enfermaría (C) |
Grao en Enfermaría |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clinicas II | Código | 661G01026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas clínicas | A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C7 C10 C11 C12 | Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. | 50 |
Solución de problemas | A62 B1 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B19 C1 C3 C7 C10 C11 C12 | Criterios de avaliación: 1. Asistencia obrigatoria. 2. Presentación e estructura: ata 2 puntos. 3. Claridade na redacción: ata 2 puntos. 4. Capacidade de análise e síntese: ata 2 puntos. 5. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 4 puntos. |
50 |
Observacións avaliación | |||
A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo ao Regulamento de Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado no Regulamento de Estadías Clínicas. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no campus virtual. Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a Memoria segundo se especifica no Regulamento de Estadias Clinicas. Avaliación 2º oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar o relativo á avaliación de solución de problemas. Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica e unha actividade presencial non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estes casos. A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. - Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnas e alumnos. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|