Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Enfermaría (C) |
Grao en Enfermaría |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas III | Código | 661G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 18 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas clínicas | A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido polas profesoras da asignatura e segundo as normas da Escola. Como resultado do rotatorio clínico a Supervisora da Unidade de Práctica Clínica emitirá un informe que será valorado polas profesoras da asignatura para a nota final. Na elaboración do informe teranse en consideración os coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do estudante. O estudante coñecerá a ficha de avaliación previamente ó comenzo da Práctica Clínica. Cada un dos rotatorios clínicos avaliarase de xeito individual, e a avaliación conxunta das practicas clínicas terá un peso do 50% na nota final da asignatura. |
50 |
Solución de problemas | A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | O traballo de Solución de Problemas realizado no último rotatorio avaliarase cos seguintes criterios que estarán especificados na rúbrica que consta no Cuaderno do Estudante: 1. Presentación e capacidade de síntesis do contido: máximo 1 punto 2. Valoración por necesidades básicas: uso da entrevista, agrupamento dos datos, uso de escalas, manifestación de dependencia: máximo 2 puntos 3. Razoamento diagnóstico: relación entre manifestacións de dependencia e diagnosticos de enfermaría: máximo 2 puntos 4. Determinación de prioridades, selección de problema ou problemas mais importantes tendo en conta o estado actual e os resultados esperados: máximo 2 puntos 5. Selección adecuada de intervencións de enfermaría e avaliación do plano de coidados segundo o planificado: máximo 2 puntos 6. Bibliografía actualizada e adecuada ao tema tratado, citada no texto do traballo e con referencias Vancouver: máximo 1 punto O peso do traballo na nota total da asignatura e do 30%. A súa presentación e obrigatoria. |
30 |
Portafolios do alumno | A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 | Entregarase, de xeito obrigatorio, ao finalizar os rotatorios clínicos. Avaliarase segundo a rúbrica publicada no Caderno do Estudante: 1- A capacidade de síntese no análise da unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: máximo 3 puntos 2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación e a capacidade autocrítica do estudante: máximo 3 puntos 3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeira: máximo 4 puntos O peso total do Portafolios na nota final e do 5%. |
5 |
Presentación oral | A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 | A presentación oral do traballo realizado ao final do último rotatorio é obrigatoria. Realizarase nas datas asinadas polas profesoras e avaliarase segundo os criterios que se relacionan a continuación e se especifican na rúbrica publicada no Cuaderno do estudante: - Calidade da presentación, clara, legible: máximo 2 puntos - Axuste ao tempo previsto de exposición: máximo 2 puntos - Capacidade de síntese, orde na exposición: máximo 2 puntos - Dominio dos contidos, exposición fluida, terminoloxía científica e nivel de contacto co auditorio: máximo 4 puntos O peso da presentación oral na nota final da asignatura e do 5%. |
5 |
Seminario | A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 | A asistencia ao Seminario de Historia Clínica electrónica e Seminario Cirúrxico é obrigatoria. Se valorará a participación dos estudantes en cada un dos seminarios e eventualmente, poderán ter que realizar documentos de conclusións e/ou proba de coñecementos relacionados cos temas tratados en cada un dos Seminarios realizados. Cada un dos seminarios terá un peso na nota final da materia dun 5%. Polo que o peso total será dun 10% |
10 |
Observacións avaliación | |||
PRÁCTICAS CLÍNICAS: Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. As ausencias serán recuperadas ao rematar os rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas, as profesoras publicarán o listado de recuperacións no campus virtual da materia, ninguna recuperación fóra de este listado será tida en conta. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse no campus virtual da materia antes do inicio das mesmas. Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas. Para aprobar a materia é preciso superar de xeito independente tódalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios). Avaliación 2ª oporunidade: dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, os estudantes so poderán rempregar a 2ª oportunidade para recuperar: portafolios e presentación oral. Adianto de portunidade e estudantes con matrícula parcial: dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos. A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obteviera mais nota. En caso de ugualdade de puntuación e habendo mais aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica. A realización freudulenta das robas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualifiación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a/o estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|