Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Enfermaría (C) |
Grao en Enfermaría |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas IV | Código | 661G01028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Simulación | B1 B3 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B22 B24 C1 C4 C11 | Criterios de avaliación: 1. Asistencia obrigatoria 2.Desenvolvemento das habilidades na entrevista centrada na persoa: 5 puntos 3. Valoración focalizada y determinación de intervenciones específicas: 5 puntos |
20 |
Estudo de casos | B1 B3 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C7 C10 C12 | Criterios de avaliación: 1. Asistencia obrigatoria. 2. Presentación do caso ( síntese do contido e orixinalidade,redación e sintaxis, presentación e bibliografía; puntuación total 2 punto) 3. Análise da situación e correcta formulación dos DdE (puntuación total 4 puntos) 4. Selección de resultados e intervencións de enfermaría (puntuación total 3 punto) 5. Exposición oral (presentación, postura corporal, contido, xestión de tempo, destreza verbal;puntuación total 1 punto?) |
30 |
Prácticas clínicas | A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos. |
50 |
Observacións avaliación | |||
A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa ás Estadías Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e dentro do periodo de avaliacion. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase na plataforma Moodle antes do inicio das mesmas. Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas. Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a estudio de casos e simulación. Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial: Dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos. A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de práctica clínica. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. - Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnas e alumnos. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|