Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
 Asignaturas
  Xestión dos custos do proyecto
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na modalidade presencial consiste en clases teóricas con explicación dos conceptos fundamentais da Xestión de Custos de Proxectos, interactuando co alumnado de forma a que adquiran devanditos conceptos e saiban aplicalos na Dirección Integrada de Proxectos.
Na Modalidade En liña trátase de material teórico-práctico sobre os contidos da materia a disposición dos alumnos para a súa lectura, así como a discusión de temas de interese actual relacionados coa materia mediante foros/debates en liña e a realización de pequenos exercicios/probas de coñecemento teórico/práctico.
Presentación oral Na modalidade presencial:
Presentación de casos reais, aclarando os puntos mais importantes dos mesmos, para a sua resolución por parte do alumnado.
Seguese un método de explicación xeral e posterior rolda de cuestions aclaratorias as dubidas prantexadas polo alumnado.
Na modalidade online, facilitaranse casos reais plantexando discusions/ e dubidas por parte do alumnado.
Solución de problemas Resolución de casos prácticos. En ambos casos (presencial e online) os alumnos deberán resolver casos prácticos de Xestión de Custos.
Proba mixta Proba de preguntas curtas ou tipo test, que inclue preguntas conceptuais e de razoamento para a resolución de problemas.
Solución de problemas Resolución de casos prácticos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes