Teaching GuideTerm
University College of Technical Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
 Subjects
  Internships
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
As prácticas académicas externas constitúen unha actividade académica de natureza formativa realizada polo alumnado co obxectivo de permitir aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que o preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa inserción laboral e fomenten o seu emprendemento. Consisten na realización de prácticas de carácter obrigatorio por medio dun sistema de permanencia regrada nunha empresa, nun organismo ou nunha institución administrativa, económica ou profesional, unha universidade, nun centro de investigación de carácter público ou privado, que fosen convocadas de acordo coas presentes instrucións. Tamén se poderán realizar prácticas externas en dependencias e servizos da propia Universidade da Coruña ou da Universidade de Vigo que non estean destinados á actividade docente ou investigadora. As prácticas deben necesariamente orientarse cara á elaboración dun informe sobre o seguimento da metodoloxía en dirección integrada de proxectos observada no centro de realización; a análise comparativa con metodoloxías de dirección integrada de proxectos, e a concreción de propostas de mellora como conclusión da análise. Dada a natureza formativa das prácticas académicas externas, da súa realización non se derivan, en ningún caso, obrigas propias dunha relación laboral, nin o seu contido poderá dar lugar á substitución da prestación laboral propia dun posto de traballo. AJ1
AJ2
AJ3
AJ4
AJ8
AJ20
BJ1
BJ2
BJ4
BJ5
BJ6
BJ7
BJ8
BJ9
BJ10
BJ11
BJ12
BJ13
BJ14
BJ15
CJ1
CJ3
CJ4
CJ5
CJ6
CJ7
CJ8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes