Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
 Asignaturas
  Práctica na empresa
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
As prácticas académicas externas constitúen unha actividade académica de natureza formativa realizada polo alumnado co obxectivo de permitir aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que o preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa inserción laboral e fomenten o seu emprendemento. Consisten na realización de prácticas de carácter obrigatorio por medio dun sistema de permanencia regrada nunha empresa, nun organismo ou nunha institución administrativa, económica ou profesional, unha universidade, nun centro de investigación de carácter público ou privado, que fosen convocadas de acordo coas presentes instrucións. Tamén se poderán realizar prácticas externas en dependencias e servizos da propia Universidade da Coruña ou da Universidade de Vigo que non estean destinados á actividade docente ou investigadora. As prácticas deben necesariamente orientarse cara á elaboración dun informe sobre o seguimento da metodoloxía en dirección integrada de proxectos observada no centro de realización; a análise comparativa con metodoloxías de dirección integrada de proxectos, e a concreción de propostas de mellora como conclusión da análise. Dada a natureza formativa das prácticas académicas externas, da súa realización non se derivan, en ningún caso, obrigas propias dunha relación laboral, nin o seu contido poderá dar lugar á substitución da prestación laboral propia dun posto de traballo. AP1
AP2
AP3
AP4
AP8
AP20
BP1
BP2
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP13
BP14
BP15
CP1
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes