Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
 Asignaturas
  Práctica na empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A8 A20 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2. As prácticas permitirán a asimilación por parte do alumnado da realidade institucional, empresarial ou investigadora no ámbito das súas respectivas profesións futuras por medio da consecución, en particular, dos seguintes fins:
a) Formación integral do alumnado ao equilibrar a súa formación teórica e práctica.
b) Adquisición da metodoloxía de traballo adecuada á realidade na que haberá de actuar tras a súa incorporación ao mundo laboral ou investigador.
c) Obtención da experiencia profesional ou investigadora que facilite a inserción laboral do alumnado e mellore a súa empregabilidade.
d) Desenvolvemento da capacidade de decisión e do espírito crítico no ámbito da dirección integrada de proxectos.
e) Preparación do alumnado para o desenvolvemento de actividades colaborativas ou interdisciplinares
100
 
Observacións avaliación
  1. A avaliación das prácticas farase
    a partir dun informe emitido polo titor externo da organización onde se
    realicen, e da memoria de prácticas elaborada polo alumnado que será
    avaliada polo titor universitario.
  2. Para acadar o aprobado a
    valoración de ambos aspectos deberá ter a cualificación de apto.
  3. Na cualificación final o informe
    do titor externo da organización representará o 80% da nota.
  4. A avaliación do titor da
    organización consistirá en contestar un cuestionario remitido ao titor da
    universidade no que se recollen aspectos relacionados co profesional, coa
    puntualidade, coa laboriosidade, coa adaptación ao medio, coas relacións
    humanas, coa motivación etc.
  5. Ao final do período de prácticas,
    cada estudante presentará ao titor universitario unha memoria de prácticas
    (ao redor de 10 páxinas a ordenador, con letra Arial ou Calibri a 11
    puntos e espazo 1,5. non contarán a portada, índice, bibliografía ou
    anexos) no que se describa a práctica realizada e que atenda, entre
    outros, os seguintes puntos:

a)     Portada con
apelidos e nome do/da estudante, o centro de prácticas e os datos do titor do
centro de prácticas.

b)     Índice detallado e
paxinado.

c)     Introdución coa
xustificación das prácticas, o horario e o tempo de permanencia.

d)     Características do
centro, indicando o contexto, o modelo organizativo, a planificación etc.

e)     Desenvolvemento
das prácticas. Deberá realizar unha descrición detallada das actividades e
tarefas realizadas durante a práctica.

f)       Reflexión sobre a
formación recibida.

g)     Bibliografía.

h)     Anexos.

 

  1. Ao final do período de prácticas
    cada estudante presentará ao titor universitario, ademais, un informe de
    avaliación do centro onde realizou as prácticas seguindo o modelo establecido
    pola Universidade.
  2. As prácticas de Máster poderán ser
    obxecto de recoñecemento de créditos por experiencia laboral ou
    profesional nos termos que as normativas establezan e a Coordinación do
    Máster sinale ao comezo do curso académico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes