Guia docenteCurso
Escuela Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Plan 2017)
 Asignaturas
  Tésis master
   Contenidos
Tema Subtema
3. ASIGNACIÓN DE TEMA E DIRECTOR

1. O Coordinador do Master solicitará aos profesores propostas de liñas de traballo para o TFM. O número total de traballos será igual ou superior ao número de alumnos matriculados.
2. Alternativamente, o alumno pode propor un tema que resulte de interese ao director que desexa que lle oriente.
3. A elección do director e do tema deberá producirse cando menos tres meses antes da finalización do prazo de presentación do TFM.
4. Unha vez elixido o tema o alumno cubrirá un documento ao efecto que presentará na Secretaría do Centro dirixido ao Coordinador do Máster, solicitando a autorización do proxecto do TFM, que incluirá o informe do proxecto e a conformidade do director.

9. ESTRUTURA DO TRABALLO.

1. O TFM deberá constar das seguintes partes:
a) Portada.
b) Índice Paxinado.
c) Resumo.
d) Contextualización e Xustificación.
e) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto.
f) Reflexións e Conclusións Finais.
g) Bibliografía.
h) Anexos, no seu caso.
i) No caso de Proxectos de investigación, deberá incluír, en vez do Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto os seguintes apartados:
j) Revisión do Estado da Arte,
k) Desenrolo del Modelo/hipóteses,
l) Contraste de Modelo/Hipóteses
2. Cada unha das partes mencionadas deberá recoller a seguinte información:

a) Portada. Será de deseño libre, pero incluirá: escudo e nome da Universidade; nome da Facultade; nome do Máster; título do TFM en Galego, Castelán e Inglés e nomes do autor e do director; ano de presentación.
b) Resumo: recolle un breve resumo do contido do traballo. (recomendase a realización do resumo tamén en inglés)
c) Xustificación e Contextualización: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo.
d) Desenvolvemento do Plan para a Dirección do Proxecto: Aplicación e integración adecuada dos 5 grupos de procesos da dirección de proxectos e manexo das interdependencias entre as áreas de coñecemento da dirección de proxectos. O plan para a dirección do proxecto debe integrar e consolidar todos os plans de xestión subsidiarios: alcance do proxecto, requisitos, cronograma, custos, calidade, melloras do proceso, recursos humanos, comunicacións, riscos, e adquisicións.
e) Bibliografía: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas, de acordo con a norma de estilo APA.
f) Anexos: o apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun anexo.
3. O proxecto, que deberá realizarse en lingua galega ou castelá, non superará as 100 páxinas a espazo 1, tipo de letra calibri ou arial, tamaño de letra 11, e parrafos xustificados. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia en outro idioma da U.E.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes