Teaching GuideTerm
University College of Technical Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Tecnoloxías de Edificación Sostible (plan 2012)
 Study programme competences


TypeA Code  
  Compound
  AC1 Coñecer os principios básicos do paradigma da sostibilidade, os seus debates e implicacións ambientais, socioculturais e económicas.
  AC2 Coñecer o impacto que o uso da tecnoloxía ten sobre a sociedade que o adopta e os principios básicos para unha tecnoloxía da sostibilidade.
  AC3 Deseñar, planificar, executar e avaliar proxectos tecnolóxicos, científicos ou de xestión nun marco de sostibilidade.
  AC4 Coñecer os procedementos de restitución fotogramétrica utilizados na intervención en edificios construídos.
  AC5 Adquirir un coñecemento global dos procesos e tecnoloxías de captura de información dos obxectos tridimensionais relacionados co proceso edificatorio, para lograr a súa representación gráfica.
  AC6 Capacidade para xulgar técnicas topográfica/fotogramétrica e determinar vantaxes e inconvenientes de aplicación en cada caso.
  AC7 Adquirir un coñecemento global dos procesos e tecnoloxías de captura de información do terreo.
  AC8 Coñecer e aplicar ao proceso edificatorio os sistemas de posicionamento global e os sistemas de información xeográfica e sistemas BIM
  AC9 Coñecer os determinantes construtivos do edificio como marco dos sistemas de instalacións e a normativa de aplicación.
  AC10 Analizar os fluxos materiais e enerxéticos que se dan nun sistema en edificación e a súa interrelación co territorio e os recursos que o sostén.
  AC11 Xestionar a explotación do edificio, implementar as melloras necesarias para adecuar os parámetros ambientais e enerxéticos.
  AC12 Avaliar e clasificar a eficiencia enerxética dun edificio segundo os criterios do CTE-HE.
  AC13 Establecer os criterios axeitados para a rehabilitación enerxética das envolventes para a mellora da clasificación EE. Capacidade de avaliar e implantar as solucións apropiadas.
  AC14 Coñecer os principios básicos e metodoloxías aplicadas aos sistemas baseados en EERR.
  AC15 Establecer os criterios técnicos para a integración dos sistemas baseados en EERR nos edificios.
  AC16 Coñecer os principios e métodos da física ambiental. Coñecer as leis e modelos de intercambio enerxético nas edificacións co medio-ambiente.
  AC17 Coñecer os fundamentos físicos da enerxía acústica e a súa transmisión, así como as técnicas avanzadas de investigación aplicadas á edificación baseadas nestes.
  AC18 Coñecer e saber aplicar a tecnoloxía de acústica en edificación, do illamento e do acondicionamento acústico, e a súa normativa de aplicación
  AC19 Coñecer a normativa xeral da xestión da calidade medio ambiental
  AC20 Analizar o ciclo de vida do edificio e avaliar o seu impacto ambiental
  AC21 Deseñar, planificar, executar, controlar, optimizar, equipos e procesos para a axeitada xestión e /ou tratamento de residuos e chans procedentes do proceso construtivo e deconstructivo.
  AC22 Seleccionar técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación dos sistemas e métodos para a vixilancia e o control ambiental na fase de explotación e uso dun edificio.
  AC23 Dominio de habilidades e métodos de identificación de riscos, estimación de probabilidades e estimación de consecuencias.
  AC24 Capacidade de realizar unha análise de fiabilidade, probabilidade de fallo, índice de fiabilidade
  AC25 Capacidade de análise de tensións, aplicación de coeficientes e aplicación de métodos probabilísticos.
  AC26 Coñecer as características mecánicas e fisico-químicas de formigóns especiais actualmente usados en edificación e a súa adecuación funcional, construtiva e estrutural.
  AC27 Coñecer a tecnoloxía do uso en estruturas de edificación do formigón armado e pre-tensado e a súa normativa de aplicación.
  AC28 Coñecer as tipoloxías e o comportamento das estruturas mixtas de edificación e a súa normativa de aplicación.
  AC29 Coñecer as tipoloxías e o comportamento das estruturas de madeira na edificación e a súa normativa de aplicación.
  AC30 Coñecer os procesos de acondicionamento do terreo e a tecnoloxía das cimentacións especiais.
  AC31 Dominio de habilidades e métodos de aplicación de novos materiais ao servizo do edificio.
  AC32 Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un sistema sostible con novos materiais.
  AC33 Capacidade de aplicar novos materiais nanotecnológicos a sistemas construtivos no edificio.
  AC34 Dominio de habilidades e métodos de aplicación de materiais tradicionais no edificio.
  AC35 Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un sistema sostible con materiais tradicionais.
  AC36 Capacidade de aplicar novos sistemas construtivos en dialogo con sistemas construtivos tradicionais no edificio.
TypeB Code  
  Compound
  BC1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BC2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BC3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BC4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BC5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BC6 Capacidade de análise e síntese.
  BC7 Capacidade de organización e planificación.
  BC8 Coñecementos informáticos relativos ao ámbito de estudo
  BC9 Capacidade de xestión da información.
  BC10 Capacidade de Resolución de problemas.
  BC11 Capacidade de Toma de decisións.
  BC12 Capacidade de Traballo en equipo.
  BC13 Capacidade de Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
  BC14 Habilidades nas relacións interpersoais.
  BC15 Capacidade de Razoamento crítico.
  BC16 Capacidade de Adquirir Compromiso ético.
  BC17 Capacidade de Aprendizaxe autónoma.
  BC18 Capacidade de Adaptación a novas situacións.
  BC19 Creatividade.
  BC20 Iniciativa e espírito emprendedor.
  BC21 Capacidade de Liderado.
  BC22 Motivación pola calidade.
  BC23 Sensibilidade cara a temas ambientais.
  BC24 Orientación a resultados.
  BC25 Orientación ao cliente.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes