Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Edificación Sostible (Plan 2017)
 Asignaturas
  Estratexias construtivas en arquitectura pasiva e bioclimática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 B1 B3 B4 B5 B17 B24 B25 B27 B29 B30 B33 C6 C7 C8 DOCENCIA PRESENCIAL: A asistencia ás clases expositivas é obligatoria para proceder á evaluación do alumno. Asistencia mínima do 80%.

Os ítems que se plantexan e valoran son:

1.- Asistencia a clases expositivas: Para computar o ítem positivamente deberase ter un mínimo do 80% das clases impartidas. (Este mínimo é OBLIGATORIO)
2.- Asistencia a clases interactivas: Ídem anterior. (Este mínimo é OBLIGATORIO)
20
Traballos tutelados B2 B7 B12 B18 B22 B26 B28 B31 B32 DOCENCIA PRESENCIAL E NON PRESENCIAL: A descrición concreta da metodoloxía pódese ollar no "paso 5: Metodoloxías"

Os ítems que se plantexan e valoran son:
1.-Calidade da presentación oral: Para computar o ítem positivamente deberase presentar o traballo de xeito riguroso, descriptivo e didáctico, sendo capaz de responder adecuadamente ás aclaracions que sobor o mesmo se formulen por parte dos seus compañeiros ou profesor.
2.-Presentación audiovisual: Ídem anterior… Cada alumno completará e respaldará a súa exposición con apoyo na presentación audiovisual que realice (PowerPoint o similar, pizarra, etc.).

Se por algún motivo sobrevenido (ej:imposibilidade física ou temporal), o docente debe prescindir desta metodoloxía, a súa valoración e dedicación pasará a formar parte da metodoloxía "Traballo Tutelado" . Todo ilo sen perxuicio de que a presentación oral sí poida formar parte dunha proba integrada no periodo de exames.
30
Presentación oral B2 B7 B12 B18 B22 B26 B28 B31 B32 DOCENCIA PRESENCIAL: A descrición concreta da metodoloxía pódese ollar no "paso 5: Metodoloxías"

É importante entender que non é posible condensar este seguimento continuo do traballo nas últimas clases ou (inda peor), en titorías unha vez rematadas as sesiones maxistrales.

Os ítems que se plantexan e valoran son:
1.- Calidade do traballo
2.- Observación das normas de entrega e presentación establecidas en traballos, prácticas e probas obxectivas e ensaio-desenrolo: Para computar o ítem positivamente deberase atender ás indicacións concretas que figuren no enunciado do Traballo Tutelado.
3.-Observación das normas de inclusión e presentación da bibliografía: Deberase entregar o Traballo Tutelado acorde ás normas indicadas de inclusión e presentación da bibliografía nos mesmos. Esto é, usar a norma ISO 690-2010, primeiro elemento-fecha, con cita por superíndice a pe de páxina. A bibliografía estará constituida como mínimo polas seguintes fontes documentais consultadas: 3 Monografía, 2 Normas y 1 sitio Web.
50
Lecturas A2 B1 B22 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B32 C6 DOCENCIA PRESENCIAL E NON PRESENCIAL: A descrición concreta da metodoloxía pódese ollar no "paso 5: Metodoloxías"
0
Foro virtual B3 B4 B12 B17 B18 C7 DOCENCIA NON PRESENCIAL: A descrición concreta da metodoloxía pódese ollar no "paso 5: Metodoloxías" 0
Prácticas a través de TIC A2 B2 B4 B12 B28 B31 B32 B33 C6 C7 C8 DOCENCIA NON PRESENCIAL: A descrición concreta da metodoloxía pódese ollar no "paso 5: Metodoloxías" 0
 
Observacións avaliación

A interface actual esixe introducir as metodoloxías e avaliacións da MODALIDADE PRESENCIAL e da MODALIDADE NON PRESENCIAL no mesmo espazo.

Xa que nin todas as metodoloxías, nin todos os elementos de evaluación son comuns ás dúas opcions, para mellor claridade categorizáronse os elementos onde é posible.

Onde non é posible categorizar ou discretizar sistema decidiuse describir e/ou cuantificar a METODOLOXÍA PRESENCIAL, especificándose as particularidades da asignatura NON PRESENCIAL na páxina da asignatura (MOODLE).

____

A asignatura se diseña cun sistema de evaluación continua, polo que é importante a asistencia do alumno ás actividades propostas. Este sistema plantéase como unha interacción permanente e dende o primeiro intre, e nunca como unha simple sustitución do método de proba obxectiva por un traballo final.

Para a evaluación continua utilizarase a rúbrica de ITEMS. A finalidade desta rúbrica é valorar o conxunto dos ítems en positivo, é dicir partindo da observación directa do desempeño (cumplir y ejercer las obligaciones inherentes propias del alumno), tendo en conta a participación activa e con aproveitamento que o alumno realiza das distintas pruobas e competencias que en conxunto deberían de ser capaces de alcanzar ao finalizar o cuatrimestre.

Dos ítems que se plantexan, si se evalúan y valoran positivamente máis de 2/3 dos mesmos, procederase a realizar a súa media, que se corresponderá coa calificación desta metodoloxía.

Estos puntos teñen carácter sumativo, esto é,  incrementaráselle á valoración do resto, siempre que se alcance o mínimo de catro (4,0). De non alcanzarse, ese ITEM non se incorporará ao sumatorio.

Dada a naturaleza dos ítems así como o carácter de evaluación continua sen proba final establecida na materia, a non valoración positiva de máis de 2/3 das mesmas suporá unha calificación de NP (no presentado) na primeira oportunidade, indicando que na segunda oportunidade (Xullo), dito requisito NON se establece como imprescindible, toda vez que o seu carácter non é exportable a dicha oportunidade.

Esta evaluación continua, nos termos marcados, constitue a primeira oportunidade de pasar o curso.Para a segunda oportunidade, os profesores decidirán entre duas opcións: volver a entregar os traballo para conseguir maior profundidade técnica no tema e na súa presentación a través da plataforma "web" nas datas destinadas ao efecto, ou ben a redacción dun exame final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes