Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Edificación Sostible (Plan 2017)
 Asignaturas
  Sistemas e instalacións baseadas en enerxías renovables e microcoxeración
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C1 C2 C4 C6 C7 O alumno realizará un máximo de cinco traballos individuais propostos polo profesor. 42
Proba obxectiva A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B14 C1 Traballo práctico similar a os traballos individuaís propostos. 18
Proba de resposta breve A17 A18 B3 B4 B6 B10 C1 C2 Durante o curso, realizarase un exame teórico, que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas, de cada un dos bloques temáticos, para poder presentarse ás probas teóricas esíxese a asistencia a clase, cuxa media deberá ser superior a 4. 40
 
Observacións avaliación
MODALIDADE PRESENCIAL/ HIBRIDA:

Avaliación por curso (65% da cualificación da materia):
- Probas obxectivas teóricas: realizarase un exame teórico de cada un dos bloques temáticos, para poder presentarse ás probas teóricas, que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas. Esíxese a asistencia a clase (40% da cualificación obtida por curso). Os controis teóricos por curso realízanse a través da plataforma Moodle.
- Traballos prácticos individuais: Realizaranse un mínimo de cinco traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático, realizaranse en clase con indicacións do profesor. (Supoñen un 60% da notra por curso).

O profesor poderá expor un traballo práctico en grupo complementario aos individuais, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións interactivas (60% da cualificación obtida por curso).

Exame final (proba obxectiva presencial) (35% da cualificación da materia)
- O exame final consta de dous partes: unha teórica e outra práctica.
- O exame teórico (exame tipo test e resposta curta, entre 10 e 40 preguntas) supón o 40% da nota da proba obxectiva. Nota mínima esixida 4.
- O exame práctico (propoñerase un exercicio similar aos traballos prácticos realizados durante o curso) o que supón un 60% da nota da proba obxectiva.

A cualificación da materia será a media ponderada da avaliación por curso e a do exame final.


Aclaracións relevantes: - Se a cualificación media obtida por curso é superior a 8, o alumno quedará eximido de presentar o exame final, neste caso obterá unha nota máxima de 6,9. Os alumnos que desexen optar a unha nota máis alta, deberán presentar exame final (teoría e práctica). - No caso de dispensa académica, o alumno estará obrigado a presentar as probas teóricas por curso e presentar os traballos individuais nas datas fixadas polo profesor. En caso contrario, a cualificación obtida por curso será de NON PRESENTADO.

MODALIDADE NON PRESENCIAL:

Avaliación por curso (65% da cualificación da materia):
- Probas obxectivas teóricas: realizarase un exame teórico de cada un dos bloques temáticos, para poder presentarse ás probas teóricas, que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas. Esíxese a asistencia a clase (40% da cualificación obtida por curso). Os controis teóricos por curso realízanse a través da plataforma Moodle.
- Traballos prácticos individuais: Realizaranse un mínimo de cinco traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático, realizaranse de forma telemática seguindo as instrucións do profesor para a súa resolución e entrega nas datas fixadas. (Supoñen un 60% da notra por curso).

O profesor poderá expor un traballo práctico en grupo complementario aos individuais, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións de videoconferencia programadas polo profesor (60% da cualificación obtida por curso).

Exame final (proba obxectiva non presencial) (35% da cualificación da materia)
- Na data da convocatoria oficial, estableceranse de forma previa o horario de inicio e finalización de cada unha das probas e o método para a entrega dos traballos resoltos.
- O exame final consta de dous partes: unha teórica e outra práctica (a través da plataforma moodle).
- O exame teórico (exame tipo test e resposta curta, entre 10 e 40 preguntas) supón o 40% da nota da proba obxectiva. Nota mínima esixida 4.
- O exame práctico (propoñerase un exercicio similar aos traballos prácticos realizados durante o curso) o que supón un 60% da nota da proba obxectiva.

A cualificación da materia será a media ponderada da avaliación por curso e a do exame final.

Aclaracións relevantes: - Se a cualificación media obtida por curso é superior a 8, o alumno quedará eximido de presentar o exame final, neste caso obterá unha nota máxima de 6,9. Os alumnos que desexen optar a unha nota máis alta, deberán presentar exame final (teoría e práctica). - No caso de dispensa académica, o alumno estará obrigado a presentar as probas teóricas por curso e presentar os traballos individuais nas datas fixadas polo profesor. En caso contrario, a cualificación obtida por curso será de NON PRESENTADO.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes