Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Edificación Sostible (Plan 2017)
 Asignaturas
  Smart Cities. Tecnoloxías emerxentes para cidades sostibles
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A16 B1 B2 B6 B8 B9 B10 B16 B23 C2 C6 Valorarase a participación activa e o aproveitamento do alumnado nas prácticas que se realicen sobre os contidos da materia a través de ferramentas TIC. 10
Traballos tutelados A14 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B6 B9 B14 B16 C1 C6 C8 Valorarase a adecuación dos traballos realizados polo alumno aos criterios e orientacións expostos polo profesor. 80
Sesión maxistral A14 A15 A16 B4 B5 B6 B14 B15 B16 C1 C5 C6 Valorarase a participación activa do alumnado nas sesións maxistrais. 10
 
Observacións avaliación

Para poder obtar a unha avaliación positiva na materia o alumno deberá asistir como mínimo ao 80% das clases (sesións maxistrais, talleres, seminarios, ...).

Para poder ser cualificado será obrigatoria a entrega en tempo e forma de todos os traballos propostos.

Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia.

OBSERVACIÓNS ESPECÍFICAS ALUMNADO MODALIDADE FORMACIÓN ONLINE (NON PRESENCIAL)

As metodoloxías docentes, as actividades de aprendizaxe e os criterios e metodoloxías de avaliación correspondentes ao alumnado do MUES na súa modalidade de formación "en liña" (non presencial) adaptaranse ás características específicas deste tipo de docencia promovendo unha aprendizaxe autónoma e activa.

Durante o curso 2020/21 as actividades docentes adaptaranse ao contexto
definido en cada momento pola situación de crise sanitaria ocasionada
polo COVID-19.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes