Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Fisica Aplicada I [En extinción]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 B5 B6 B27 B28 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Na avaliación continua, realizaranse dúas probas de cuestións curtas correspondentes aos dous bloques temáticos da materia. Serán resoltas individualmente polo alumno na aula ao finalizar os bloques temáticos. 100
 
Observacións avaliación
A avaliación dos contidos dividirase en dous partes, coincidindo cos
dous BLOQUES nos que se estruturou o temario da materia puntuando un
máximo de 5 puntos cada un deles. Os bloques temáticos son os seguintes:



• 1º BLOQUE: “ Vectores Deslizantes e
Xeometría de Masas”

• 2º BLOQUE: “Estática de Sistemas Estruturais e Principios de
Elasticidade”


Para aprobar a materia os estudantes deben alcanzar un mínimo de 5
puntos e, ademais, alcanzar unha puntuación mínima de 2 puntos en cada
un dos bloques temáticos. Os criterios de avaliación serán os mesmos
para as dúas oportunidades oficiais.

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos
criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto alumnado.



CUALIFICACIÓN ao final do proceso de avaliación:


  1. Aqueles alumnos que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un
    mínimo de 5 puntos, aprobarían a materia .

  2. Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima establecida nun
    dos bloques (2 puntos), esta non se sumará á nota final e a
    cualificación que lles figurará na acta será a obtida no bloque que
    supere os requisitos mínimos multiplicada por 0,95.
  3. Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima en ningún dos
    dous bloques a cualificación que lles figurará na acta será a mellor das
    dúas obtidas nos bloques multiplicada por 0,95.


A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles alumnos que
non se presenten á proba obxectiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes