Teaching GuideTerm
University College of Technical Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Xeometría Descritiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A6 B1 B4 B5 B12 B16 B17 B27 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Realizaranse tres probas obxectivas durante o cuadrimestre das mesmas características que os exercicios expostos nas clases interactivas e que servirán para articular un proceso de avaliación continua.

A primeira proba realizarase sobre os contidos dos bloques I e II (temas 1 ao 10) correspondentes ao Sistema Diédrico.

A segunda proba realizarase sobre os contidos dos bloques III e IV (temas do 11 ao 18) correspondentes ao Sistema Diédrico. Tamén se inclúen todos os contidos instrumentales dos bloques I e II.

A terceira proba versará sobre os contidos dos bloques V e VI (temas 19 ao 25) correspondentes ao Sistema de Planos Acoutados.
100
 
Observacións avaliación

Considérase obrigatoria a asistencia tanto ás clases expositivas (TEORÍA) como ás interactivas (PRÁTICA) polo que os alumnos deberán cumprir uns requisitos de asistencia mínima para poder presentarse ás probas obxectivas. Esta asistencia mínima será do 80%.

O tres probas obxectivas puntuables cualificaranse sobre 10 puntos cada unha. A cualificación final global destas probas obterase sumando as cualificacións de cada unha delas dividido por tres. Faise constar que para poder proceder a realizar a media, a cualificación mínima en cada unha das probas ha de ser de 5 puntos, excepto na primeira proba correspondente ao Sistema Diédrico na que non haberá unha cualificación mínima para media.

Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia.

O alumno que alcance unha cualificación media global de 5 puntos ou superior na suma do tres probas puntuables superará a materia por curso.

Os alumnos que non alcancen a cualificación mínima global de 5 puntos deberán presentarse ao Exame Final oficial da materia que se celebrará ao final do cuadrimestre correspondente (Primeira Oportunidade) segundo calendario oficial aprobado en Xunta de Escola.

Gardaranse os aprobados nas probas obxectivas puntuables pero por sistemas completos. Esta condición considérase vinculada ao curso académico correspondente e por tanto estes aprobados gardaranse para a Primeira Oportunidade (Xaneiro) e Segunda Oportunidade (Xullo) pero exclusivamente durante o curso actual e non se manterá esta reserva para cursos posteriores. Tampouco se gardarán para a Segunda Oportunidade os aprobados parciais por sistema que se puidesen producir no exame final da Primeira Oportunidade.

A corrección dos exercicios das probas puntuables e dos exames finais así como a posterior revisión dos mesmos será realizada polo profesor responsable de docencia da materia no grupo ao que pertenza o alumno.

NOTA IMPORTANTE. Para que o alumno poida ter unha cualificación de aprobado nos exames finais debera obter unha cualificación media global de 5 puntos ou superior na suma dos exercicios propostos pero será obrigatorio puntuar en todos os exercicios correspondentes ao Sistema Diédrico e nos do Sistema de Planos Acoutados. Unha cualificación de 0 nalgún deles daría lugar á cualificación de suspenso na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes