Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Matemáticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A2 B1 B12 C1 C3 Consistirá nun exame de cuestións teóricas de resposta breve. 30
Solución de problemas A1 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C3 C7 C8 Consistirá na realización dun exame, ao final do cuadrimestre, que constará de varios problemas (exercicios prácticos). 50
Proba obxectiva A1 B1 B16 B27 B28 C1 Consistirá en probas presenciais de diverso tipo, escritas ou mediante plataformas TIC para o alumnado que opte pola avaliación continua con asistencia regular. 20
 
Observacións avaliación

O/a alumno/a será avaliado a través dunha "avaliación continuada" que constará de dúas
partes ou "fases".

A) PRIMEIRA FASE:

 Ao longo do curso o
alumnado deberá realizar unha serie de traballos, resolver  boletíns
de problemas e responder cuestionarios ou controis.

 Valorarase a súa participación activa na aula (ata 1 punto):
asistencia (activa) ás clases, entrega de traballos e resolución de problemas
na aula.

O/a alumno/a poderá superar a materia nesta fase se supera as probas
establecidas.

B) SEGUNDA FASE:

 O alumnado que non
supere a materia na "primeira fase" poderá superala mediante a
realización dunha "proba final", que constará de cuestións teóricas e
prácticas.

 A cualificación final será a suma do 80% da proba teórico-práctica
final e do 20% do curso.

  Se
un/unha alumno/a
participa nalgunha das tarefas programadas ao longo do curso, necesariamente
será avaliado/a ao seu remate. En ningún caso será cualificado/a como Non presentado.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para a avaliación da materia, na 2.ª
oportunidade (xullo) seguiranse os mesmos criterios que para a segunda fase
da primeira oportunidade.

 O alumnado matriculado en
réxime de tempo parcial pode optar pola avaliación continuada. Para isto
deberá realizar os controis e entregar aqueles traballos, boletíns etc. que se lle
pidan ao resto do alumnado.

 No caso de que non supere a materia pola avaliación continuada, poderá
realizar a proba final coma o resto do alumnado e coas mesmas condicións. Para a segunda oportunidade seguirase
o mesmo criterio.

 Nalgúns casos excepcionais, que o profesorado determinará con carácter
extraordinario,  para o alumnado pertencente a SICUE, Erasmus, Tempo
parcial e outros casos, poderanse  establecer  probas específicas que
se realizarán nas datas fixadas polo centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes