Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Fisica Aplicada II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A29 A35 B1 B2 B5 B16 B26 B27 Resolución e exposición polo estudante de exercicios e/ou problemas relacionados co programa da materia. 0
Proba obxectiva A1 A35 B1 B5 B16 B26 Probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos e cuestións teóricas/de razoamento sobre temas ou módulos do programa.
Os exames das oportunidades oficiais de avaliación son tamén probas obxectivas, dunha duración que será establecida polo Centro no seu calendario.
100
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B3 B8 B12 B13 B14 Participación activa en eventos científicos ou de divulgación que se realicen no centro, na unversidade ou en emprazamentos externos, por exemplo, visitas guiadas de interese científico-técnico. 0
Traballos tutelados A1 A29 B1 B2 B3 B14 B15 B16 B25 B26 B27 B28 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Traballos ou Proxectos de realización individual ou de grupo en desenvolvemento dalgún problema relevante en relación coa materia. 0
Prácticas a través de TIC A1 A29 B2 B3 B5 B8 B14 B16 Realización e Informe de prácticas mediante ferramentas tecnolóxicas que se atopen dispoñibles no Centro ou poidan ser accesibles aos estudantes. 0
Prácticas de laboratorio A1 A29 B1 B2 B3 B5 B8 B16 B26 Realización e Informe de prácticas experimentais utilizando recursos do Centro ou do Departamento de Física. 0
 
Observacións avaliación
NOTA: As porcentaxes anteriores da aplicación informática da guía son exclusivamente da modalidade de Avaliación Final da materia, en base aos exames oficiais (probas obxectivas).O estudante dispón de dúas metodoloxías de avaliación, entre as cales poderá elixir libremente: Avaliación Continua e Avaliación Final.

Avaliación Continua:

A condición para ser avaliado nesta modalidade é a participación no conxunto de actividades individuais ou de grupo que se programarán ao longo do curso, segundo a planificación que realice o profesorado da materia.

A avaliación continua persegue a avaliación das competencias adquiridas polo estudante mediante a análise dos resultados de diferentes actividades individuais ou de grupo que se programarán ao longo do curso. Entre elas: cuestións teóricas ou prácticas, titorías, estudo de casos, prácticas experimentais ou mediante Tics, problemas, seminarios e xornadas científicas e técnicas, ou visitas externas. Non se manteñen resultados de cursos anteriores.

O profesorado indicará a principio de cada curso a programación concreta das actividades e o seu valor na avaliación global. O conxunto alcanzará o 100% da cualificación da materia.

As actividades desenvolveranse preferentemente no horario asignado á materia. Aquelas que dependan de recursos externos ou se realicen fora do Centro poderán ser unha excepción, aínda que en calquera caso serán comunicadas con antelación suficiente.

As cualificacións da Avaliación Continua aplicaranse na primeira oportunidade de avaliación da materia. En caso de non alcanzar o mínimo da cualificación prevista en algunha actividade, o estudante deberá presentarse á Avaliación Final.

Avaliación Final:

Exame teórico-práctico de toda a materia, correspondente coas oportunidades oficiais ordinarias e extraordinarias de avaliación da universidade, nas datas fixadas polo Centro. Permite acadar o 100% da cualificación da materia. En primeira oportunidade ordinaria pode presentarse calquera estudante que non siga a Avaliación Continua. En segunda oportunidade e extraordinarias, será a única aplicable.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes