Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Expresión Gráfica Arquitectónica I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realización semanal de debuxos a man alzada, en láminas DIN A-3, sobre taboleiro, copiando e ampliando follas con esbozos gráficos, facilitadas en DIN A-4, utilizando horas non presenciais en aula.
Realización semanal dunha práctica de rotulación en folla DIN A-4, utilizando horas non presenciais en aula.
Análise de fontes documentais Utilización da bibliografía correspondente, básica e complementaria, facilitada.
Prácticas de laboratorio Realización semanal, utilizando as horas presenciais en aula, de esbozo a man alzada, en directo, da contorna académica universitaria, concretamente centrado en diversas zonas do interior da E.U. de Arquitectura Técnica e o seu contorno exterior, praza, aparcadoiros etc
Saídas de campo Realización semanal de esbozo a man alzada, en directo, nun contexto externo á contorna académica universitaria, abrigo nas zonas urbanas de Ensanche, Pescadería e Casco Antigo, utilizando horas non presenciais en aula, onde se desenvolvesen as capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, recollida de información e desarrolo de esbozos, etc.
Proba obxectiva Conxunto de probas prácticas, e traballos: Croquizaciones de elementos arquitectónicos, do natural, a man alzada; Utilizadas na avaliación e progreso, do estudante, da súa aprendizaxe de coñecementos, capacidades, destrezas, rendementos, aptitudes, actitudes, etc.
Portafolios do alumno
No cartafol ou archivador do estudante íranse clasificando os seus traballos prácticos: Láminas de croquizaciones e rotulaciones, por datas. E regularmente teranse sesións persoais, tutorias personalizadas, con cada un para realizacións de autoevaluación e comentarios do profesor sobre o seu progreso
Sesión maxistral Semanalmente, antes ou á vez que se expoñen os exercicios prácticos, realizarase unha presentación ou explicación oral e en lousa de contidos por parte dun profesor, que tratará os temas que aborden a práctica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes