Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B16 B5 Valorarase dentro deste epígrafe e de forma conxunta o traballo realizado polo alumno durante o curso na resolución dos exercicios que se expoñan no transcurso da docencia tanto de forma presencial como no seu caso telemáticamente. Tamén se avaliarán as prácticas de laboratorio ata un 10% da nota total asignada a este epígrafe.

Para a valoración deste epígrafe faranse probas durante o curso nas que se proporá a solución dun ou varios exercicios relacionados coa materia impartida.
Será necesario obter unha nota superior a un 5 para poder aprobar a materia

No caso dos alumnos que por algunha razón non fagan a materia por curso" (asistencia superior ao 80%) estas actividades avaliaranse a traves dunha proba escrita que poderá estar formada tanto por problemas como por preguntas de desenvolvemento. Será necesario obter unha nota superior a un 5 para poder aprobar a materia

30
Análise de fontes documentais B3 C3 C7 Avaliarase durante o curso a capacidade de razoar e comprender os distintos aspectos teóricos do temario a través da formulación de preguntas de desenvolvemento.
Será necesario obter unha nota superior a un 5 para poder aprobar a materia

No caso dos alumnos que por algunha razón non fagan a materia por curso" (asistencia superior ao 80%) estas actividades avaliaranse a traves dunha proba escrita que estará formada por preguntas de desenvolvemento. Será necesario obter unha nota superior a un 5 para poder aprobar a materia
30
Proba obxectiva B1 B16 C1 Realizarase un exame test con preguntas relacionadas con toda a materia impartida tanto nas clases expositivas como interactivas, que pretenden avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.
Será necesario obter unha nota superior a un 5 para poder aprobar a materia
40
 
Observacións avaliación
EXAME PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE.

No exame da primeira e segunda oportunidade, os alumnos que optaron pola avaliación continua realizarase un exame que estará composto só por un exame test. Para poder aprobar hai que obter unha nota superior a un 5.

Os alumnos que non optasen por unha avaliación continua (asistencia a clase e realización das actividades superior a un 80%) terán dereito a demostrar o seu conocimientoa través dun exame que estará formado por un test e se este é superado por unha proba de desenvolvemento escrita formada por varias partes. Para aprobar haberá que ter unha nota superior a un 5 en cada unha das partes. A nota final estará formada polo 40% do test yel 60% do conxunto que forma parte da proba de desenvolvemento (problemas e preguntas conceptuais de razoar). En cada unha das partes haberá que ter unha nota superior a 5 para poder aprobar. Se non se chega a ese mínimo en cadauna das partes, a nota final será como máximo dun 4.

AVALIACIÓN CONTINUA

Representa o 60 % da nota final. Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e das expositivas, así como haber realizadoel 80% das actividades propostas.As actividades que non se fagan cualificaranse cun 0. Ademais será necesario obter unha nota mínima de 5 sobre 10.

As actividades a realizar e a porcentaxe na nota total das Prácticas interactivas, serán:   
PARTICIPACIÓN EN CLASE: Avaliarase o traballo persoal e a intervención en clase (20%)   
CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos. (40 %).   
CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón. (40 %).

Nas clases expositivas avaliarase a capacidade de razoar e comprensión a través do seu traballo persoal, preguntas, foros ou algunha proba que se programe formalmente. O conxunto destas actividades formará o 30% da avaliación continua

NOTA FINAL PARA OS ALUMNOS QUE FAN UNHA AVALIACIÓN CONTINUA.
A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria,tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a puntuación obtida no exame final . O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua e asistise ao 80% das clases e realizado o traballo previo necesario, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota superior ou igual a 5 no exame final.
A nota final estará formada pola 60 % Avaliación Continua e a 40 % Proba Obxectiva.En cada unha das partes que compón a nota final deberase obter unha nota mínima de 5 sobre 10, para poder aprobar a materia. En caso contrario (Nota inferior a 5 nalgunha das partes), a nota final de la asignatura será inferior a 4. Sera necesaria unha nota media de 5 sobre 10 no exame para aprobar.
Non se permite o uso de calculadoras programables nos exames da materia.Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes