Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Arquitectura Técnica |
Grao en Arquitectura Técnica |
Asignaturas |
Expresión Gráfica Arquitectónica II |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Expresión Gráfica Arquitectónica II | Código | 670G01013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Saídas de campo | B15 B28 C5 | Especificadas no apartado 5. | 10 |
Traballos tutelados | A2 A6 B2 B3 B5 B6 B7 B14 B15 B25 B27 B28 C1 C3 C8 | Sempre que sexa posible, en función do nº de alumnos matriculados, supervisaranse e avaliaranse todos e cada un dos traballos desenvolvidos polo alumno a nivel persoal, facendoi unha corrección pública e colectiva, e orientaráselle en canto á súa calidade de grafismo, aspectos construtivos e presentación e onde debe incidir para mellorar os aspectos indicados anteriormente. | 80 |
Portafolios do alumno | A2 A6 B2 B14 C6 C7 C8 | No cartafol ou archivador do estudante iranse clasificando os seus traballos prácticos por datas. Durante as clases teranse sesións persoais, con cada un para realizacións de autoevaluación e comentarios do profesor sobre o progreso das prácticas. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Os alumnos terán que demostrar, para ser avaliados positivamente, que alcanzaron os coñecementos necesarios nos contidos, mencionados anteriormente, para dominar esta materia, e que serían os seguintes:
1.-Concepto de sección construtiva. Tipos. Criterios de elección. 2.-Acondicionamento do Terreo. Desmontes. 3.-Saneamentos, drenaxes e avenamientos. 4.-Cimentacións. 5.-Estruturas. 6.-Carpintarías. 7.-Defensas, Varandas, Peches. 8.-Fábricas. 9.-Instalacións. 10.-Particiones. 11.-Cubertas. 12.-Revestimentos. 13.-Novos materiais e sistemas de ultima xeración. Para a avaliación da materia esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas como ás interactivas, cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas. A docencia da materia de Expresión Gráfica II baséase nunha metodoloxía de aprendizaxe, suxeita a un sistema de avaliación continua. Para superar a materia, por curso deberá de cumprirse a condición seguinte: 1.-Ser entregadas todas as prácticas e traballos individuais e cada unha/ou delas deberavos ser considerada/ou como apta/ou. Este criterio tamén é aplicable tanto á Primeira como á Segunda Oportunidade: Os alumnos que non superen a materia por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XANEIRO) ou, no seu caso, na data fixada para a Segunda Oportunidade de avaliación (XUÑO-XULLO). Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións, fixadas nas tutorías correspondentes, do profesor responsable da materia. Dado que sobre cada entrega realizase a correspondente evaluación e revisión co alumno, as exixencias para a obtención dunha evaluación positiva irán sendo maiores nas sucesivas entregas (primeira e segunda oportunidade) IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: - Non cumprir co mínimo de asistencia esixido. - Non entregar algún dos traballos propostos. Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas. |
|