Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Expresión Gráfica Arquitectónica II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo B15 B28 C5 Especificadas no apartado 5. 10
Traballos tutelados A2 A6 B2 B3 B5 B6 B7 B14 B15 B25 B27 B28 C1 C3 C8 Sempre que sexa posible, en función do nº de alumnos matriculados, supervisaranse e avaliaranse todos e cada un dos traballos desenvolvidos polo alumno a nivel persoal, facendoi unha corrección pública e colectiva, e orientaráselle en canto á súa calidade de grafismo, aspectos construtivos e presentación e onde debe incidir para mellorar os aspectos indicados anteriormente. 80
Portafolios do alumno A2 A6 B2 B14 C6 C7 C8 No cartafol ou archivador do estudante iranse clasificando os seus traballos prácticos por datas. Durante as clases teranse sesións persoais, con cada un para realizacións de autoevaluación e comentarios do profesor sobre o progreso das prácticas. 10
 
Observacións avaliación
Os alumnos terán que demostrar, para ser avaliados positivamente, que alcanzaron os coñecementos necesarios nos contidos, mencionados anteriormente, para dominar esta materia, e que serían os seguintes:

1.-Concepto de sección construtiva. Tipos. Criterios de elección.
2.-Acondicionamento do Terreo. Desmontes.
3.-Saneamentos, drenaxes e avenamientos.
4.-Cimentacións.
5.-Estruturas.
6.-Carpintarías.
7.-Defensas, Varandas, Peches.
8.-Fábricas.
9.-Instalacións.
10.-Particiones.
11.-Cubertas.
12.-Revestimentos.
13.-Novos materiais e sistemas de ultima xeración.

Para a avaliación da materia esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas como ás interactivas, cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas.

A docencia da materia de Expresión Gráfica II baséase nunha metodoloxía de aprendizaxe, suxeita a un sistema de avaliación continua.

Para superar a materia, por curso deberá de cumprirse a condición seguinte:

1.-Ser entregadas todas as prácticas e traballos individuais e cada unha/ou delas deberavos ser considerada/ou como apta/ou.

Este criterio tamén é aplicable tanto á Primeira como á Segunda Oportunidade:

Os alumnos que non superen a materia por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XANEIRO) ou, no seu caso, na data fixada para a Segunda Oportunidade de avaliación (XUÑO-XULLO). Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións, fixadas nas tutorías correspondentes, do profesor responsable da materia.
Dado que sobre cada entrega realizase a correspondente evaluación e revisión co alumno, as exixencias para a obtención dunha evaluación positiva irán sendo maiores nas sucesivas entregas (primeira e segunda oportunidade)



IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:

- Non cumprir co mínimo de asistencia esixido.
- Non entregar algún dos traballos propostos.

Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes