Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais III
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Materiais III Código 670G01016
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Iglesias Martinez, Maria Cruz
Correo electrónico
cruz.iglesias@udc.es
Profesorado
Alonso Alonso, Patricia
Iglesias Martinez, Maria Cruz
Correo electrónico
patricia.alonso.alonso@udc.es
cruz.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Dentro desta materia preténdense alcanzar uns obxectivos cognoscitivos e outros formativos. Os obxectivos cognoscitivos pretenden a comprensión dunha serie de cuestións básicas referentes a cada un dos bloques temáticos que compoñen a materia, así como a súa aplicación, análise, síntese e avaliación, destacando a capacidade de desenvolver procesos de razoamento acerca da adecuación ou non dos diferentes materiais segundo as súas propiedades e tendo en conta as características do sistema e elemento construtivo no que se aplique. Os obxectivos formativos son os que tratan de desenvolver actitudes activas e participativas dos alumnos con relación á súa propia formación e con relación ao traballo en grupo, especialmente importantes nas clases interactivas. Daráselle a oportunidade aos alumnos de participar en clase e de realizar análise de casos, que se entregarán de forma obrigatoria. Os devanditos traballos teranse en conta na avaliación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non hai modificación de contenidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen. Mantéñense todas adaptándoas a modalidade telemática:sesión maxistral, análise de fontes documentais, traballos tutelados e probas obxectivas e mixtas. *Metodoloxías docentes que se modifican Adáptanse a modalidade telemática 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Moodle, Teams e correo electrónico 4. Modificacines na avaliación. Para os alumnos que seguen o curso NON HAI MODIFICACIÓNS. Para os alumnos que non seguen o curso a proba teórica de desenvolvemento, que terán que realizar unha vez superen próbaa test específica para eles, será oral e/ou escrita. *Observacións de avaliación: Darase especial importancia á avaliación continua durante as activides que se expoñan semana a semana: traballos, foros e intervencións durante as clases virtuais que se realicen, a través das cales o profesor poida verificar o coñecemento dos alumnos de forma fehaciente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non hai. terana dispoñible en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes