Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A19 A20 A24 A29 A31 B1 B2 B5 B6 B7 B13 B16 B22 B25 B27 B28 B30 C1 C3 C4 C7 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do %ou201Ccómo facer as cousas%ou201D. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
30
Proba mixta A3 A4 A5 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B16 B26 C4 C6 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio ou desenvolvemento e preguntas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de definición, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
 
Observacións avaliación

Cada semana definiranse un contido temático que se desenvolverá tanto a través das clases expositivas como interactivas.

As clases expositivas dedicaranse á exposición xeral dos temas por parte do profesor pero tamén se requirirá a participación activa do alumnado en maior ou menor medida segundo o tema en cuestión. A asistencia é obrigatoria e terá que ser superior ao 80%.

As clases interactivas serán clases participativas sempre, nas que se traballasen algúns dos temas de cada bloque que se elixirán de acordo coas competencias que se queren alcanzar. A asistencia é obrigatoria e terá que ser superior ao 80%. O traballo persoal do alumno será obxecto de avaliación en función do traballo persoal realizado polo alumno e materializarase na exposición dos traballos programados.

Será obrigatorio a realización e presentación de todos os traballos propostos nas clases interactivas.

A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a avaliación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua e asistise ao 80% das clases, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota total superior ou igual a 5 no exame final e unha nota superior a o 4/10 en cada unha das partes.

A nota final estará formada polo 30% da avaliación continua e o 70% do exame en todos os casos.  Se non se cumpren as condicións para optar á avaliación continua a nota final estará formada só polo 70% da nota obtida no exame.

Para optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao 80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á avaliación continua. A nota final neste caso estaría formada polo 70% da nota do exame. No caso da realización de todos os traballos e de faltar EXCEPCIONALMENTE (só cando así o crea o profesor) á exposición dun deles, reducirase á metade a nota do traballo, a condición de que este sexa presentado polo resto do grupo e estes certifiquen a súa participación no seu desenvolvemento. En ningún caso poderase faltar a 2 exposicións.

A avaliación continua inclúe o traballo desenvolvido nas clases interactivas, o traballo autónomo xeneral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e as presentacións orais.

A avaliación das clases interactivas realizarase da maneira seguinte:

0: a non asistencia a clase

1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal

2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente

4: asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non completo. Ou o alumno NON participa nos debates xerados en clases ou os coñecementos que achega son insuficientes aínda cando realizase o traballo planificado para sexa semana.

6: asistencia a clase e o traballo realizado é  bo pero incompleto nunha pequena parte. Participa nos debates de maneira adecuada.

8: asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe achegas ao tema por parte do alumno. Participa nos debates de maneira edecuada

10: poderase obter só como nota final cando se obtiveron de forma sistemática 8 nas clases interactivas e asistise con regularidade a clase

En canto á cualificación do exame final, esta estará formada polo 40% da nota obtida na proba obxectiva ou test e o 60% da nota obtida nas preguntas de desenvolvemento, a condición de que se alcance unha valoración superior ao 40% en cada unha das partes (1.6 puntos na proba obxectiva e 2.4 na proba de desenvolvemento). Cando non se alcancen estes mínimos en cada unha das partes, o exame estará automaticamente suspenso e non poderá ter unha cualificación superior a un 4.

Caso particular: alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial. O proceso de avaliación para estes alumnos será o descrito para o resto de alumnos en ambas as convocatorias.

Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes