Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Xeometría da Representación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral e gráfica na aula complementada co uso opcional de medios audiovisuais e TIC así como a introdución de preguntas dirixidas aos alumnos/as coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Desenvólvese coa finalidade de que o alumnado participe activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar os coñecementos expostos nas sesións maxistrais a través de prácticas gráficas.
Elíxense para a realización destas prácticas exemplos arquitectónicos reais ou elementos que se consideren axeitados. A formalización dos devanditos proxectos búscase adecuada ao nivel do curso no que se atopa o alumnado e contribúe a familiarizarse co feito arquitectónico.
Proba obxectiva Defínese como "proba obxectiva" ás dúas prácticas especiais que se realizan dentro do curso e que serven para comprobar o nivel alcanzado no proceso de aprendizaxe do alumno.
Constitúe un elemento de medida que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes e actitudes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes