Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Xeometría da Representación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A6 B1 B4 B5 B8 B12 B16 B17 B27 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realizaranse dúas probas obxectivas durante o cuadrimestre das mesmas características que os exercicios expostos nas clases interactivas e que servirán para articular un proceso de avaliación contínua da materia.

A primeira proba obxectiva basearase nos contidos correspondentes aos bloques I, II, III e IV (temas do 1 ao 18) Axonometrías ortogonal e oblicuas.

A segunda proba obxectiva basearase nos contidos correspondentes aos bloques V e VIN (temas 19 ao 30) Perspectiva Cónica Lineal
100
 
Observacións avaliación

Considérase obrigatoria a asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas polo que os alumnos deberán cumprir uns requisitos de asistencia mínima para poder presentarse ás probas obxectivas. Esta asistencia mínima será do 80%. 

As dúas probas obxectivas puntuables cualificaranse sobre 10 puntos cada unha. A cualificación final global destas probas obterase sumando a cualificación da proba de Sistemas Axonométricos á cualificación da proba do Sistema de Perspectiva Lineal e dividindo esta suma por dúas. Faise constar que para que se poida realizar a media entre as cualificacións de ambas as probas, a cualificación será de 5 puntos como mínimo en cada unha delas.

 Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia.O alumno que alcance unha cualificación media global de 5 puntos ou superior na suma das dúas probas puntuables superará a materia por curso.

Os alumnos que non alcancen a cualificación mínima global de 5 puntos deberán presentarse ao Exame Final oficial da materia que se celebrará ao final do cuadrimestre correspondente (Primeira Convocatoria) segundo calendario oficial aprobado en Xunta de Escola.

 Gardaranse os aprobados nas probas obxectivas puntuables pero por sistemas completos. Esta condición considérase vinculada ao curso académico correspondente e por tanto estes aprobados gardaranse para a Primeira Convocatoria (Xuño) e Segunda Convocatoria (Xullo) pero exclusivamente durante o curso actual e non se manterá esta reserva para cursos posteriores. 

A corrección dos exercicios das probas puntuables e dos exames finais así como a posterior revisión dos mesmos será realizada polo profesor responsable de docencia da materia no grupo ao que pertenza o alumno. 

Nota Importante. Para que o alumno poida ter unha cualificación de aprobado nos exames finais, é obrigatorio puntuar nos exercicios correspondentes aos Sistemas Axonométricos e nos do Sistema Cónico. Unha cualificación de 0 nalgún deles daría lugar á cualificación de suspenso na materia. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes