Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Estructuras I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estructuras I Código 670G01019
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
López César, Isaac
Correo electrónico
isaac.lopez@udc.es
Profesorado
López César, Isaac
Mosquera Rey, Emilio
Correo electrónico
isaac.lopez@udc.es
emilio.mosquera@udc.es
Web
Descrición xeral Dentro da Arquitectura Técnica, a asignatura sitúase no eido das estructuras de edificación. Trátase dun curso de introducción, que se centra na Resistencia de Materiais e na Teoría da Elasticidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se modifican os contidos. 2. Metodoloxías. *Metodoloxías docentes que se manteñen. Mantéñense as metodoloxías. A docencia será impartida on-line a través da plataforma que a UDC habilite ao efecto (Teams ou similar). Para lograr un maior dinamismo, o profesor pode indicar unha lectura previa dos materiais facilitados ao alumnado vía Moodle, así como a resolución de exercicios previa á sesión, co obxecto de poder resolver dúvidas. No caso de que algún/a alumno/a teña dificultades de equipamiento informático ou de conexión a internet para acceder ás ferramentas proporcionadas pola UDC (Teams, Moodle, etc) de forma síncrona, para o seu manexo nas clases, así como para descargar material de Moodle e subir o traballo a esta plataforma, debe comunicar esta circunstancia ao profesorado na maior brevedade posible, ao obxeto de buscar solución. *Metodoloxías docentes que se modifican. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Contémplanse as seguintes vías de atención personalizada: -Teams, canal: abrirase un canal de Teams para consulta de dúvidas. O canal estará permanentemente aberto e as dúvidas serán respostadas á maior brevedade posible. -Correo electrónico: o alumnado terá a posibilidade de formular cuestións tamén no correo-e dos profesores. Non obstante, utilizarase preferentemente o canal de Teams para que podan estar dispoñibles para todo o alumnado. -Teams, sesión virtual: no caso de cuestións que presenten dificultade para a súa resolución por escrito, ou precisen de interacción directa, realizarase una sesión virtual co/ca alumno/a. 4. Modificacións na evaluación. Tanto na primeira oportunidade como na segunda, o examen final sustitúese por un traballo de evaluación final. Se, previamente ao confinamento, se pudo realizar algunha proba obxetiva de curso presencial, o desglose sería o seguinte: proba/as de curso 1 punto; traballo de evaluación final 9 puntos. Se non foi posible realizar ningunha proba de curso presencial, o desglose sería o seguinte: traballo de evaluación final 10 puntos. Estos desgloses son válidos para as dúas oportunidades. *Observacións da evaluación: 5. Modificacións da bibliografía o webgrafía. Non se modifica a bibliografía. No caso de confinamento, os materiais necesarios para o seguemento das clases e a elaboración do traballo de evaluación final serán facilitados polos profesores vía Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes