Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Estructuras I
   Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Solución de problemas
Discusión dirixida
Descrición
Recoméndanse lecturas e exercicios de reforzo a aqueles alumnos que manifesten carencias nos coñecementos de partida.

A discusión dos casos prácticos será moderada polo profesor potenciando a participación de tódolos alumnos.

O alumno mediante a asistencia ás tutorías debe resolver aquelas cuestións nas que teña dúbidas, especialmente no que se refire á resolución de problemas. A consulta da bibliografía e a resolución das dúbidas que de dita consulta se produzan considérase fundamental.

“Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”: o alumnado con esta modalidade de matrícula poderá solicitar ao profesorado da materia o material docente e referencias bibliográficas que permiten o seguimento e estudo da materia. Recomendase o estudo paulatino durante o curso deste material e a asistencia frecuente a tutorías para a consulta dáquelas dúbidas e aclaracións que deriven deste seguimento máis autónomo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes