Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Estructuras I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 B1 B3 B5 B12 B14 B16 B26 C1 Exame final da materia. Valorarase:
- Dominio dos coñecementos teóricos
- Estructuración de contenidos
- Aplicación dos coñecementos teóricos
- Resolución de problemas
- Planteamento, claridade e precisión.
- Dominio da operativa da materia
90
Proba obxectiva A8 B1 B3 B5 B12 B14 B16 B26 C1 Proba/as realizada/as polo alumno individualmente durante o curso. Poden ser prácticas, teóricas ou mixtas. Valorarase:
- Coñecemento dos conceptos teóricos
- Aplicación dos coñecementos teóricos.
- Resolución de problemas.
- Planteamiento, claridade e precisión.
10
 
Observacións avaliación
Para poder optar á oportunidade de Xuño (1ª oportunidade) o alumno debe contar cunha asistencia a clase igual ou superior ao 80%. Para obter unha calificación de Aprobado na oportunidade de Xuño (1ª oportunidade) o alumno debe sumar 5 puntos entre a/as proba/as obxectivas realizadas durante o curso e o exame final da materia.
Para a oportunidade de Xullo (2ª oportunidade) o alumno poderá optar entre unha evaluación na que se lle conserve a nota obtida nas probas obxectivas realizadas durante o curso, neste caso o exame final puntuará sobre 9 puntos (segundo a táboa anterior); ou ben outra na que o único elemento evaluable sexa a nota obtida no exame final da asignatura, neste caso dito exame puntuará sobre 10 puntos. En calquera dos dous casos, para acadar a calificación de Aprobado o alumno debe sumar 5 puntos.

Para a resolución do exame, os alumnos poderán contar cun formulario manuscrito consistente en 1 Din A4 escrito por ámbalas dúas caras con tinta indeleble, no que soamente poderán figurar fórmulas. En particular, non poderá conter exemplos resoltos nin procedementos para a solución destes.
Os únicos materiais permitidos nas probas obxectivas son:
-DNI, Carnet Universitario ou documento identificativo equivalente (de obligada presentación).
-Material de escritura e debuxo.
-O formulario descrito anteriormente.
-Calculadora non programable.
Queda terminantemente prohibido o uso de dispositivos electrónicos de almacenamento ou comunicación. En particular, os smart watch e teléfonos móviles deberán permanecer apagados e fora das mesas durante a realización de calquera proba obxectiva.
O inclumprimento destas condicións significará a expulsión do exame ou proba obxectiva de curso e a calificación de 0 en dita proba.


Condicións especiais para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”:
-Oportunidade de Xuño (1ª Oportunidade): Pódense presentar todos os alumnos que se atopen nesta modalidade de matrícula, aínda que non cumplan a asistencia mínima a clase. Se o alumno realizou as probas obxectivas de curso, o exame puntuará sobre 9 puntos, e a nota final será a que resulte de sumar a obtida no exame final máis a das probas do curso. Se o alumno non realizou as probas obxectivas de curso, o exame puntuará sobre 10 puntos, sendo éste o único elemento evaluable. En calquera dos dous casos, para acadar a calificación de Aprobado o alumno debe sumar 5 puntos.
-Oportunidade de Xullo (2ª Oportunidade): o alumno poderá optar entre unha evaluación na que se lle conserve a nota obtida nas probas obxectivas realizadas durante o curso, neste caso o exame final puntuará sobre 9 puntos (segundo a táboa anterior); ou ben outra na que o único elemento evaluable sexa a nota obtida no exame final da asignatura, neste caso dito exame puntuará sobre 10 puntos. En calquera dos dous casos, para acadar a calificación de Aprobado o alumno debe sumar 5 puntos.
Os materiais permitidos nas probas obxectivas, así como as condicións do exame serán as mesmas que para o alumnado con matrícula ordinaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes